Costela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{outroshomónimos|Costela (homónimos)}}
Liña 10:
As costelas verdadeiras únense por diante a unha [[cartilaxe]], as cartilaxes costais, que á súa vez se unen ao [[esterno]]. Por detrás, as costelas verdadeiras articúlanse coas [[vértebra]]s dorsais, mediante dúas articulacións por costela (unha delas, co corpo da vértebra, o que se denomina en [[anatomía]] a '''articulación céfalo-somática'''). O punto da costela que se une é a cabeza, que constitúe un [[ángulo diedro]] saínte.
 
Polo xeral, cada par de costelas únese entre dúas vértebras dorsais mediante presenta facetas<ref>[[Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia]] (2002): ''Diccionario galego de termos médicos''. [[Xunta de Galicia]].</ref> articulares. A hemifaceta superior da costela únese á hemifaceta inferior da vértebra de riba, e a hemifaceta inferior á superior da vértebra de abaixo. O tipo de [[articulación (anatomía)|articulación]] é unha biartrodia con pequenos movementos. Esta articulación é común para todas as vértebras. Con todo, as costelas 11 e 12 únense a unha soa vértebra (11 e 12 respectivamente), que contén carillas enteiras.
 
A segunda articulación costovertebral establécese entre a tuberosidade da costela e a [[apófise]] transversa da vértebra (que presenta unha superficie articular na cara antero-externa). Esta é unha [[trocoide]], con movementos de rotación, que contribúen á [[inspiración]] ó aumentar o diámetro torácico. Esta articulación non existe nas costelas aboiantes. Denomínase '''articulación tuberósito-transversa'''.