Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 39:
Nun primeiro momento as tácticas de combate empregadas por [[España]] seguían os hábitos adquiridos nas guerras no Mediterráneo, con loitas a curta distancia con numerosa infantería que intentaba abordar as naves inimigas. As tácticas foron facendo un uso cada vez máis intensivo da artillería. As pezas de artillería clasificábanse en numerosas categorías e calibres pero pódense dividir en tres clases:
 
* '''Armas miúdas de tiro tenso'''. Adoitaban ser de [[retrocarga]] as cales eran fáciles e rápidas de utilizar xa que se cargaban por unha recámara traseira. Empregábanse contra a infantería inimiga e as pezas pequenas ían montadas en pinzas xiratorias sobre as bordas ou outras estruturas pero sempre en cuberta, xa que pola contra, o fume expulsado pola recámara alagaria o interior do navío. Isto era ademais a causa dun dos principais inconvenientes deste tipo de armas, xa que as imperfeccións e folguras da peza e a consecuente expulsión de gases causaba unha perda de compresión no disparo que lle facía perder potencia e precisión con respecto a armas de avancarga (armas que se cargan pola boca) de calibre equivalente. A esta categoría de armas pertencían os [[verso (arma)|versos]] (1/2media culebrinacolubrina), [[sacre]]s (1/4 de culebrinacolubrina), [[falconete]]s (1/8), [[esmeril|esmerís]]es, [[cerbatana]]s, [[ribadoquin]]s (de avancarga), [[mosquete]]s e [[sacabuche]]s entre outros. Estas armas disparaban pelotas de ferro forxado, bodoques de ferro emplomado e certos tipos podían disparar postas ou munición graneada.
* '''Armas grosas de tiro tenso'''. As armas máis antigas deste tipo eran as [[Bombarda (arma)|bombardas]] ou lombardas, de ferro forxado e retrocarga. No tempo dos galeóns esta peza e as súas variantes, a bombardeta e o [[pasavolante]] estaban xa obsoletas aínda que aparecen nos inventarios reais ata a década de 1570. As máis comúns na época eran as [[culebrina]]s, algunhas de cuxas variantes menores entran na categoría anterior, e divídense en culebrinas, medias culebrinas, terzo de culebrina (sacre) etc. Estas caracterízanse por ter un ánima moi longa en relación coa súa calibre, o que lle daba maior alcance que o canón aínda que á conta dun menor tamaño de munición e un maior consumo relativo de pólvora. Os [[canón (arma)|canóns]] son as armas máis grandes nesta categoría, cun calibre maior en relación ao seu tamaño. Estes dividíanse á súa vez en canóns, medios canóns e terzos de canón dependendo do tamaño da munición disparada, sendo os de maior tamaño os chamados ''canóns de bater''. O peso da munición dos canóns oscilaba entre 7 e 40 libras e entre 2 e 24 para as culebrinas. Estas pezas montábanse por motivos de estabilidade nas cubertas inferiores, coas máis potentes a proa.
* '''Armas grosas de tiro curvo'''. Eran armas de gran calibre e ánima curta que disparaban grandes pezas desde a cuberta con traxectoria parabólica, case vertical. Os máis comúns son os [[pedreiros]] e [[Morteiro (arma)|morteiros]], que disparaban grandes balas de pedra especialmente labrada (bolaños) e, desde mediados do século XVI bombas. Este tipo de armas eran pesadas e pouco eficaces polo que o seu uso foi reducíndose ata desaparecer cara á [[1620]].