Leguminosas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
concordancia
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 129:
Entre os factores positivos das leguminosas na nutrición humana, entón, pódese citar a súa alta concentración en proteína con alto contido en [[lisina]], que fai ás leguminosas un complemento proteico excelente para os cereais.
Son tamén unha boa fonte dalgúns minerais como [[calcio]], [[ferro]], [[zinc]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[potasio]] e [[magnesio]], así como dalgunhas vitaminas hidrosolubles, especialmente [[tiamina]], [[riboflavina]] e [[niacina]]. En relación coa saúde, a inxestión dalgunhas leguminosas producen unha diminución do [[colesterol]] posiblemente debido ao seu alto contido en fibra dietética e tamén poden axudar a reducir os niveis de glicosa sanguínea nos [[diabético]]s.
Entre os factores negativos pódese apuntar a deficiencia en aminoácidos [[xofre|axofrados]] e a presenza de certos factores antinutricionais que inflúen na dixestibilidade proteica e de carbohidratos. Isto pode ser un factor limitante nas dietas dos [[vexetariano]]s e en países en vías de desenvolvemento onde a inxestión de proteína animal é baixa ou nula. Con todo, cando a dieta é equilibrada ou moi rica en proteína animal e enerxía, a inxestión de leguminosas é unha vantaxe. Os [[antinutrinte]]s son substancias que, en xeral, dificultan a asimilación dos nutrientes, e nalgúns casos, poden chegar a ser tóxicos ou causar efectos fisiolóxicos pouco desexables (como, por exemplo, a [[flatulencia]]). Recentemente viuse que, en pequenas cantidades, poden ser tamén moi beneficiosos para a saúde na prevención de enfermidades como [[cancro]] e [[enfermidades coronarias]], polo que actualmente estáselles denominando "''Compostos Biolóxicamente Activos''" (''BAC'' segundo as súas siglas en [[lingua inglesa|inglés]]) xa que, aínda que carecen de [[valor nutritivo]], non sempre resultan prexudiciais. Algún destes compostos xogan un papel importante como defensa da planta fronte ao ataque de todo tipo de [[depredador]]es e outros van ser compostos de reserva que se acumulan nas sementes e van ser empregados ao longo do proceso xerminativo. Desde o punto de vista bioquímico os compostos non-nutritivos son de natureza moi variada, non aparecen por igual en todas as plantas, os seus efectos fisiolóxicos son distintos e por tanto a súa metodoloxía de extracción, determinación e cuantificación ten que ser tamén moi específica. Como exemplo dalgúns destes Compostos Biolóxicamente Activos das leguminosas pódense citar a aqueles de natureza proteica (inhibidores de proteases, inhibidores de amilases, lectineslectinas) e os de natureza non proteica (glicósidos[[glicósido]]s, aminoácidos[[aminoácido]]s libres, alcaloides[[alcaloide]]s, fitatos[[fitato]]s, fitoestróxenos[[fitoestróxeno]]s, saponinas[[saponina]]s, taninos[[tanino]]s etc.). Unha das vías para a diminución destes compostos cando están en altas concentracións é a [[mellora xenética]]. Estes programas non só centráronse en conseguir unha alta produción desde o punto de vista agronómico, senón de alcanzar unha mellor calidade nutricional coa eliminación destes compoñentes non desexables. Así, por exemplo, existen variedades de distintas especies de ''[[Lupinus]]'' libres de [[alcaloide]]s tóxicos. Tamén se obtiveron variedades de ''[[Vicia faba]]'' sen [[vicina]] e sen [[convicina]] ou con concentracións moi baixas así como ''[[Lathyrus sativus]]'' libres dun aminoácido neurotóxico.
 
Consómense polas súas vaíñas tenras ou polos seus grans: [[feixón|fabas]] ''([[Vicia faba]]''), lentellas ''([[Lentella|Lens culinaris]]''), garavanzos ''([[Garavanzo|Cicer arietinum]])'', chícharos ''([[chícharo|Pisum sativum]])'' ou feixóns ''([[Phaseolus vulgaris]], [[Phaseolus lunatus|Ph. lunatus]], [[Phaseolus coccineus|Ph. coccineus]] '' e ''[[Phaseolus acutifolius|Ph. acutifolius]]''), urd ''([[Phaseolus mungo|Ph. mungo]]''), soia ''([[soia|Glycine max]]''), poroto xaponés ''([[Dolichos lablab]]''), cacahuete ''([[Cacahuete|Arachis hypogaea]]'')...