Coroa de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Castela mediante HotCat
Liña 140:
 
==== Reinado dos "Austrias Menores" ====
Nos reinados anteriores os cargos nas institucións dos reinos províanse con xentes estudadas, os administrativos de Filipe II adoitaban provir das universidades de [[Universidade de Alcalá|Alcalá]] e [[Universidade de Salamanca|Salamanca]]. A partir de [[Filipe III de España|Filipe III]] os nobres impoñen de novo o seu status para gobernar, ao ser necesario demostrar unha '[[limpeza de sangue]]'. A persecución relixiosa levou a Filipe III en [[1609]] a decretar a [[Expulsión dos mouriscos]].
 
Ante o colapso da facenda castelá para manter a hexemonía do [[Imperio Español]] durante o reinado de [[Filipe IV de España|Filipe IV]], o [[Conde-duque de Olivares]], [[valido]] do rei de [[1621]] a [[1643]], intenta levar a cabo unha serie de reformas. Entre estas esta a [[Unión de Armas]], un intento de que cada territorio dentro da Monarquía Hispánica contribuíse de forma proporcional á súa poboación no sostemento do exército. Os seus propósitos de unión non funcionaron e a Coroa Española continuou como unha confederación de reinos.