Hierático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Hieratique.png|dereita|miniatura|400px|Desenvolvemento da escrita hierática a partir dos [[Xeróglifo exipcio|xeróglifos]] segundo [[Champollion]]]]
 
O '''hierático''' (do grego ἱερατικός, "sagrado") é unha forma [[cursiva]] dos [[xeróglifo exipcio|xeróglifos exipcios]] usada por primeira vez durante a [[Antigo Exipto|I dinastía]] (2995-2775 a.C). A escrita hierática realizouse sempre con tinta e xunco, normalmente sobre [[papiro]] ou [[óstraca]]. Desde o 660 a.C. o [[demótico exipcio|demótico]] substituíu ao hierático para os usos laicos, ficando este relegado aos usos relixiosos.
 
Realmente, a escrita hierática é un segundo nivel de simplificacion dos xeróglifos. O primeiro serían os xeróglifos lineares, que son versións simplificadas dos xeróglifos que gardan o seu valor representativo. Os caracteres hieráticos xa non representan obxectos, senón que son [[signo]]s [[arbitrario]]s, parecidos ás letras dun alfabeto.