Lingua copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Características ==
Para escribir o [[lingua exipcia|exipcio]] empregáronse tres escritas, a [[xeroglifo exipcio|xeroglífica]], a [[hierático|hierática]] e a [[demótico exipcio|demótica]]. Estes sistemas resultaban demasiado complexos e pouco eficaces para a linguaxe administrativa, eran patrimonio dunha elite cada vez máis restrinxida e, entre outras dificultades, non podían vocalizar termos estranxeiros, xa que non [[transcrición fonética|transcribían]] [[vogal|vogais]]. Cando [[Alexandre Magno]] conquistou Exipto, no [[-332|332]] a.C., introduciu o [[lingua grega|grego]] na administración. Medio milenio máis tarde, o incipiente [[cristianismo]], moi interesado en espallar a súa doutrina, adaptou o grego, algo fosilizado xa no formalismo da burocracia oficial, para transcribir a lingua falada pola xente na súa vida cotiá , e así naceu a escrita actual da lingua copta.
 
[[Ficheiro:PapiroMaxicoCopto.jpg|miniatura|dereita|Papiro Máxico do [[século VII]]. Invocación aos anxos e a San Xoán o Bautista para conducir aos nomeados Pamin e Tecla a un "fin atormentado". [[Museo do Louvre]].]]