Ecuación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*interese (economía) > xuro(s).
Liña 19:
:... <math> a x^3 + b x^2 + cx + d = 0 \,\!</math>
 
requiriu consideracións bastante profundas e resistiu todos os esforzos dos matemáticos da antigüidade. Só se puideron resolver a principios do [[século XVI]], no [[Renacemento]] en [[Italia]]. Aquí presentarase o ambiente existente no descobremento da solución das ecuacións de terceiro grao ou ''cúbicas''. Os homes que perfecionaron as cúbicas, italianos todos, constituíron un grupo de matemáticos tan pintoresco como nunca se deu na historia. A maioría deles eran autodidactas, traballaban na contabilidade, en problemas de interesexuro composto e de seguros.
 
Téndose elevado por riba do sinxelo cálculo práctico, os grandes alxebristas italianos constituían no seu maior parte un grupo sagaz e oportunista que se atopaba no seu elemento tanto entre tramposos e xogadores de cartas como entre espadachíns ou nas cátedras de Universidade, ás que aspiraban e algunhas veces ocupaban. Para dar publicidade ás súas probas de axilidade mental mantiveron entre si competencias para a solución de problemas. (Algo moi similar ao que facían os hindús séculos antes). Para facer dobremente difícil o seu deporte, algunhas veces facían apostas que depositaban en mans dun terceiro. O ganador leváballo todo. Nesta atmosfera combativa estalou a guerra en torno