Cidade de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amañado
Moedagalega (conversa | contribucións)
*renta > renda.
Liña 73:
No século XVI, houbo unha proliferación de igrexas, moitas das cales aínda poden ser vistas no centro histórico da capital mexicana.<ref name="EncMex2000"/> Economicamente, a Cidade de México prosperou como resultado do comercio. Ó contrario do [[Brasil]] ou do [[Perú]], [[México]] tiña contacto fácil cos océanos [[Océano Atlántico|Atlántico]] e [[Océano Pacífico|Pacífico]]. Aínda que a coroa española tentase regulamentar completamente todo o comercio na cidade, a lei tivo éxito só parcial.<ref name="Hamnett">{{cita libro|título=Concise History of Mexico.|apelidos=Hamnett|nome=Brian R.|ano=1998|editorial=Cambridge University Press|localización=Port Chester, Nova York, USA|isbn=978-0-521-58120-2}}</ref>
 
O concepto de [[nobreza]] floreceu en Nova España dunha forma non vista noutras partes de [[América]]. Os españois encontraron unha sociedade na cal o concepto de nobreza era parecido ó europeo, o que fixo que os conquistadores respectasen e ampliasen a orde de nobreza indíxena. Os séculos que seguiron, un título nobre en México non significaba gran poder político.<ref name="Ladd">{{cita libro|título=Artes de Mexico Palacios de la Nueva España The Mexican Nobility|apelidos=Ladd|nome=Doris M|ano=1998|editorial=Artes de Mexico y del Mundo|localización=Cidade de Mexico|isbn=978-968-6533-61-3|páxinas=84-86}}</ref> O concepto de nobreza en México non era político, mais si social e conservador, con base no mérito da familia. A maioría desas familias probaron o seu valor, facendo fortunas na Nova España fóra da propia cidade e, axiña, investindo as súas rentasrendas na capital, coa construción de novas igrexas, institucións de caridade e casas [[palacio]] extravagantes. A manía de construír a residencia máis opulenta posíbel atinxiu o seu auxe na última metade do século XVIII. Moitos destes palacios aínda poden ser atopados, o que fixo que [[Alexander von Humboldt]] dese o [[alcume]] de "cidade de palacios" á capital mexicana.<ref name="Marroqui"/><ref name="EncMex2000"/><ref name="Ladd"/>
 
=== Independencia e Guerra Mexicano-Americana ===