Philadelphia 76ers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*rentable > rendible.
Liña 40:
=== Philadelphia novamente na NBA ===
 
A comezos dos anos [[1960]], os Nationals pasaban por un mal momento. Syracuse era unha das últimas cidades de tamaño medio, pero resultaba moi pequena para que un equipo profesional fose rentablerendible. O empresario papeleiro [[Irv Kosloff]] mercou os Nationals a [[Danny Biasone]] e mudou o equipo a [[Filadelfia]] en [[1963]]. A NBA, daquela, retornaba a Filadelfia un ano despois de que os [[San Francisco Warriors]] se mudaran a [[San Francisco]]. Levouse a cabo un concurso para decidir que nome levaría o equipo, e o gañador foi Walt Stahlberg, quen propuso o nome de "76ers", en conmemoración da firma da Declaración de Independencia dos Estados Unidos levada a cabo en Filadelfia no ano [[1776]]. O nome foi rápidamente acurtado a "Sixers" polos medios, e pronto ámbolos dous nomes usáronse indistintamente para referirse ao equipo.
 
[[Ficheiro:Wilt Chamberlain.jpg|dereita|196px|miniatura|[[Wilt Chamberlain]] liderou aos 76ers ao seu primeiro campionato.]]
Durante os primeiros catro anos en Filadelfia, os Sixers xogaron no ''Arena and Civic Center-Convention Hall'', salvo nun ocasional partido en ''[[The Palestra]]'' pertencente á [[Penn Quakers|Universidade de Pensilvania]]. Na [[Tempada 1964-65 da NBA|tempada 1964-65]], contrataron ao lendario [[Wilt Chamberlain]] procedente dos Warriors.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/players/chamberlain_bio.html Biografía de Wilt Chamberlain]</ref> Os Sixers debían definir as Finais de Conferencia no sétimo partido da serie frentefronte a [[Boston Celtics]] na cal caeron derrotados 110–108.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19641965.html 1965 Playoff Results]</ref>
 
=== A inesquecible tempada 1966-67 ===
Liña 50:
=== Caída e renacemento dos 76ers ===
[[Ficheiro:Spectrum1.jpg|miniatura|esquerda|260px|[[The Spectrum]] foi o pavillón da franquía dende [[1967]] ata [[1996]].]]
Na [[Tempada 1967-68 da NBA|tempada 1967-68]], cun novo pavillón, [[The Spectrum]], o equipo preparábase para defender o seu título de campión. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics. Despois dos primeiros catro partidos levaban a dianteira por 3-1, pero o partido egoísta despregado polos Sixers foi a súa ruina, cos Celtics remontando a serie para vencer en sete partidos. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás [[Finais de Conferencia]] onde se enfrentabanenfrontaban outra vez aos Celtics.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19661967.html 1967 Playoff Results]</ref> Ao final da tempada, os 76ers enviaron a Chamberlain a [[Los Angeles Lakers]] a cambio de tres xogadores de perfil baixo. O cambio foi un dos máis desparellados da historia, e o equipo entrou entón en caída libre.
 
Nas tres seguintes tempadas os Sixers non lograron pasar a segunda rolda dos playoffs; nos playoffs de [[1969]] caeron de novo ante os Celtics, en 5 partidos, sendo ademais [[Milwaukee Bucks]] e [[Baltimore Bullets]] os seus verdugos nas dúas seguintes postempadas. En [[Tempada 1971-72 da NBA|1971-72]], a só cinco anos de conseguir o campionato, finalizaron cun récord de 30-52 e non chegaron á postempada por primeira vez na historia da franquía.
Liña 56:
A peor tempada foi a de [[Tempada 1972-73 da NBA|1972-73]]. Comezaron perdendo os primeiros 15 partidos da tempada, e uns poucos meses despois fixaron o que foi nesa época un récord de 20 derrotas seguidas nunha soa tempada. Logo das 20 derrotas tiñan un récord de 4-58, e nese momento levaban perdidos 34 dos últimos 35 partidos. Remataron a tempada con tan só 9 vitorias en 82 partidos, polo que a prensa de Philadelphia púxolles o alcume de ''Nine and 73-ers'' (facendo referencia ás 9 vitorias e 73 derrotas obtidas). Remataron ese ano con 59 partidos gañados menos co campión da división, os Celtics. As 9 vitorias conseguidas polo equipo de [[tempada 1972-73 da NBA|1972-73]] é a segunda cantidade máis baixa na historia da [[NBA]], só superada polos seis partidos obtidos por [[Providence Steamrollers]] na curta [[Tempada 1947-48 da NBA|tempada 1947-48]]. As 73 derrotas, porén, constitúen a maior cantidade sufrida por unha franquía nunha soa tempada. Coma dato curioso cabe destacar que só 6 anos antes os 76ers fixaran o récord de maior vitorias nunha soa tempada.<ref>basketball-reference.com [http://www.basketball-reference.com/teams/PHI/1973.html 1972-73 Philadelphia 76ers]</ref>
 
Ao ano seguinte, [[Gene Shue]] foi contratado coma adestrador e lentamente o equipo foi recuperando nivel. Na [[tempada 1975-76 da NBA|tempada 1975-76]], os Sixers contrataron a [[George McGinnis]] procedente do equipo da [[American Basketball Association|ABA]] [[Indiana Pacers]] e con el lograrían alcanzar os playoffs tras 5 anos de ausencia no cal perderon frentefronte a [[Buffalo Braves]] en tres partidos.
 
=== Dr. J e os 76ers ===
Liña 75:
O [[16 de xuño]] de [[1986]], Katz fixo doi dos traspasos máis controvertidos e criticados na historia da franquía, traspasando a [[Moses Malone]] a [[Washington Bullets|Washington]] e a primeira elección do draft de 1986 (que fora obtido de [[San Diego Clippers]] nun traspaso por [[Joe Bryant]] en [[1979]]) a [[Cleveland Cavaliers]]. A cambio diso, os Sixers recibiron a [[Roy Hinson]], [[Jeff Ruland]], e [[Cliff Robinson]], ningún dos cales xogariá máis de tres tempadas co equipo. Cleveland, entre tanto, capitalizou a súa elección nun futuro estrela [[Brad Daugherty]]. Os 76ers regresaron aos playoffs en [[Tempada 1986-87 da NBA|1986-87]], pero víronse derrotados por Milwaukee.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19861987.html 1987 Playoff Results]</ref> En [[tempada 1987-88 da NBA|1987-88]], cun récord de 20–23, Guokas foi despedido e reemprazado polo asistente [[Jim Lynam]]. Lynam finalizou a tempada 16-13, e o equipo con 36-46, errando en alcanzar a postempada por primeira vez dende [[Tempada 1974-75 da NBA|1974-75]]. Philadelphia seleccionou a [[Charles Smith]] coa súa primeira elección no draft de [[1988]], para logo traspasalo a [[Los Angeles Clippers]] pola súa primeira elección, [[Hersey Hawkins]]. En cinco tempadas cos Sixers, Hawkins promediou 19 puntos por partidos, e abandonou o equipo como o lider histórico en triplas intentadas e anotadas.
 
En [[Tempada 1988-89 da NBA|1988-89]], Philadelphia volveu aos playoffs tras un ano de ausencia, pero foron barridos na primeira rolda polos [[New York Knicks]].<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19881989.html 1989 Playoff Results]</ref> En [[Tempada 1989-90 da NBA|1989-90]], Barkley rematou segundo na votación do MVP da NBA, mentres que o equipo gañou o título de división. Tras derrotar a [[Cleveland Cavaliers]] na primeira rolda de playoffs, Philadelphia enfrentouseenfrontouse aos [[Chicago Bulls]] de [[Michael Jordan]]. Foron vencidos polos Bulls en cinco partidos,<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19891990.html 1990 Playoff Results]</ref> e repetirían a súa actuación ao ano seguinte, [[1991]], barrendo aos Bucks na primeira rolda. Algunhas persoas pensan que as derrotas en postempada fronte a Chicago foron o comezo do fin da estadía de Barkley en Philadelphia. Na [[Tempada 1991-92 da NBA|1991-92]], os 76ers non participaron na postempada por segunda ocasión nos oito anos que Barkley estivo no equipo. O [[17 de xuño]] de [[1992]], Barkley foi traspasado aos Phoenix Suns a cambio de [[Jeff Hornacek]], [[Tim Perry]] e [[Andrew Lang]].
 
=== "A Época Escura" ===