Niki: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*rentable > rendible.
Liña 31:
O [[9 de xaneiro]] de [[2004]] Niki anunciou a súa cooperación con [[Air Berlin]]. A finais de [[2011]] a aeroliña fusionouse completamente con esta, compartindo operacións, sistemas de reserva e avións. Dende o [[20 de marzo]] de [[2012]] Niki é un membro afiliado da alianza [[Oneworld]] como compañía subsidiaria de Air Berlin.<ref>{{cita web|título=Sobre nós|url=http://www.flyniki.com/de-AT/niki/about_us.php|editor=Niki|dataacceso=6 de xaneiro de 2015}}</ref> Dende finais dese ano Niki foi repintando os seus avións coa librea de Air Berlin, usando só o seu logo no nariz.
 
En outubro de [[2014]] Niki anunciou a cancelación dos seus voos dende [[Viena]] ata [[Copenhague]], [[Moscova]] e [[Frankfurt]] debido á baixada da demanda. No seu lugar en verán de [[2015]] abriranse novas rutas máis rentablesrendibles cara a destinos de ocio.<ref>{{cita web|título=Niki: Air Berlin bestätigt Streckenstreichungen|url=http://www.austrianaviation.net/news-regional/news-detail/datum/2014/10/14/niki-air-berlin-bestaetigt-streckenstreichungen.html|editor=Austrian Aviation|dataacceso=6 de xaneiro de 2015}}</ref>
 
Aínda que ás veces descríbese a Niki como unha [[aeroliña de baixo custo]], esta proporciona servizos plenos, como refrixerios gratuítos, prensa e equipaxe. Ofrece un bocadillo ou un aperitivo frío, refrescos, té e café en todos os seus voos de curta distancia, ademais de nos voos chárter a [[Grecia]], [[Tunisia]] e [[Turquía]]. Nos voos chárter de media distancia ás [[illas Canarias]] e [[Exipto]] a todos os pasaxeiros se lles proporciona un aperitivo quente. Tamén poden encargarse menús de gourmet de [[Demel]] antes do voo. Tamén teñen servizo de compra a bordo dos avións.<ref>{{cita web|título=Servizos a bordo|url=http://www.flyniki.com/en-AT/niki/service_on_board.php|editor=Niki|dataacceso=6 de xaneiro de 2015}}</ref>