Utah: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 58:
== Historia ==
=== Ata [[1849]] ===
Dúas tribos de [[Pobos indíxenas de América|nativos americanos]] vivían na rexión que constitúe hoxe o Estado americano de Utah millares de anos antes da chegada dos primeiros exploradores [[Europa|europeos]]. Estas tribos eran os [[anasaci]] e os [[fremonte]]s, subgrupos da etnia amerindia [[azteca]], e eran sedentarios. Os anasaci construían as súas residencias a través de escavacións na terra, e os fremontes construían casas de palla. Outro grupo indíxena, os [[pobo navajo|navajos]], instaláronse na rexión cara o [[século XVIII]]. A mediados do século XVIII, outras tribos uto-aztecas, tales como os [[gosiute]], os [[pobo paiute|paiute]], os [[shoshon]] e os [[ute]], tamén se instalaron na rexión.
 
Os primeiros exploradores de descendencia europea en explorar a rexión foron os membros dunha expedición [[España|española]] liderada por [[Juan María de Rivera]], cuxa expedición, realizada en [[1765]], percorreu partes do sur do actual Estado de Utah. En [[1776]], no inicio da [[Revolución Americana de 1776|Revolución Americana]], os españois realizaron máis exploracións na rexión. Porén, os españois non se interesaron en colonizar a rexión, debido á súa natureza desértica.