Esquerra Republicana de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎2003-2006: de novo no Goberno de Cataluña: financiamento x financiación
Liña 146:
[[Ficheiro:060218 ERC.jpg|miniatura|dereita|300px|Dirixentes de ERC na manifestación "Som una nació", celebrada en Barcelona o [[18 de febreiro]] de 2006.]]O [[18 de febreiro]] de [[2006]], ERC incentivou a participación cidadá a unha manifestación convocada en Barcelona por unha plataforma de entidades que, so o lema ''Som una nació, tenim dret a decidir'' (en galego "Somos unha nación, temos dereito a decidirmos"), reivindicaba que a versión final do Estatuto recoñecese a Cataluña como unha nación, tal e como se recollía no texto do Estatuto aprobado polo Parlamento de Cataluña o [[30 de setembro]] de [[2005]]. A manifestación reuniu a entre 500.000 e 1 000 000 de persoas segundo diversas fontes, e os dirixentes de ERC, que asistiron á manifestación, comprometéronse a non apoiar un Estatuto que non recoñecese de forma explícita que Cataluña é unha nación.
 
Alén disto, a dirección de ERC entendía que non podía votar a favor do proxecto final de Estatuto porque o capítulo relativo áó financiaciónfinanciamento non era positivo dabondo para Cataluña, e que non se cedía á Generalitat a xestión de infraestruturas como o [[Aeroporto de Barcelona-El Prat|aeroporto do Prat]].
 
O [[20 de abril]] de [[2006]], o [[presidente da Generalitat]] [[Pasqual Maragall]] anunciou unha crise de goberno que supuxo o cambio de seis conselleiros no goberno da Generalitat. Dos seis conselleiros substituídos, dous eran de ERC. Consonte ó pacto establecido entre os tres partidos que gobernan en coalición, Maragall indicou os conselleiros que quería cesar, e ERC indicoulle os políticos do seu partido que lles substituirían. Así, Xavier Vendrell substituíu a Joan Carretero coma conselleiro de Gobernación e Administracións Públicas, e Manel Balcells substituíu a Carles Solà coma conselleiro de Universidades, Investigación e Sociedade da Información.