Diferenzas entre revisións de «Sacramento Kings»

(*A(s) inversión(s) > O(s) investimento(s). / Outros axustes.)
 
=== Cincinnati ===
En abril de 1957, os Royals foron trasladados a [[Cincinnati, Ohio]], polos irmáns Harrison. Este movemento seguiu a un gran recibimento nun partido da tempada regular xogado no Cincinnati Gardens o [[1 de febreiro]] de [[1957]]. O cambio de cidade díxose que foi suxerido por Jack Twyman e Dave Piontek, quenesque foron dous dos moitos xogadores do plantel dos novos Royals nesa rexión. Cincinnati, que tiña unha gran base universitaria de baloncesto, e non tiña franquía da [[NFL]] coa cal competir, foi considerada como a mellor opción polos Harrison. O nome dos Royals continuou en Cincinnati, a miúdo coñecida coma "Queen City".
 
Durante o primeiro [[draft da NBA]] do equipo en Cincinnati, o equipo adquiriu a [[Clyde Lovellette]] e ao base George King. Construíron un equipo con Maurice Stokes e Twyman para producir un futuro candidato ao título na primeira tempada do equipo en Cincinnati. A lesión de Marshall e a perda da estrela [[Si Green]] por ir ao servizo militar levou ao equipo a empatar na segunda praza da División Oeste da NBA durante a segunda parte da tempada 1957-58.
261.261

edicións