Karachi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
m →‎Karachi británica: cambiei recén por recentemente
Liña 42:
 
=== Karachi británica ===
Xa en [[1843]], [[Charles Napier]], primeiro gobernador do *recénrecentemente anexionado [[Sindh]], trasladou a capital a Karachi. Iniciou a tarefa de construír unha cidade inmediata ao pobo nativo. Comezou coa defensa facendo de Karachi o cuartel xeneral do exército na rexión. Ampliou os límites municipais ata os 190&nbsp;km<sup>2</sup> (Karachi vella ocupaba 10).
 
Como eran evidentes as magníficas condicións do privilexiado porto natural, o seguinte paso foi desenvolvelo coma porto comercial. Drenouse o canal de entrada e construíuse a chamada Mole que unía a cidade co peirao principal en Keamari. A resultas, en breve tempo a cidade converteuse en punto de atracción dun fluxo migratorio dende [[Mumbai]] (parsis), [[Goa]], o Kuch, xente con iniciativa en busca de novos negocios (14.000 h. en 1850-60).