Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*triple > triplo/a. / *cuádruple > cuádruplo/a.
Moedagalega (conversa | contribucións)
*A(s) inversión(s) > O(s) investimento(s).
Liña 261:
Voltouse á reforma agraria, movendo máis terra que nunca. Dende marzo até a sublevación militar de xullo distribuíuse moita máis terra (até 7 veces máis, segundo [[Edward Malefakis]]) que nos anos 5 anos anteriores da República. As cifras alcanzaron as 550.000 hectáreas ocupadas onde se asentaron uns 110.000 campesiños.
 
A pesar da rapidez do goberno en poñerse "mans á obra", ós obreiros e campesiños non lles era suficiente. Pedíronse aumentos salariais, realizáronse folgas e medrou o desemprego. O valor da peseta caeu. AO inversióninvestimento privadaprivado decrecía, todo o contrario que ao inversióninvestimento públicapúblico. Parte destadeste inversióninvestimento privadaprivado (como ao do multimillonario mallorquín [[Juan March]]) empregouse en financiar as forzas que levaban conspirando contra a república dende [[1932]]. A inestabilidade e tensión social provocou que algúns partidos políticos comezaran a formar as súas milicias. A [[Falange Española]] decidida a botar abaixo o réxime democrático comezou a provocar a maior desorde e terror posibles (a dialéctica dos puños e das pistolas). Polas rúas da capital a xente comezou a ir armada para defenderse dos ataques dos adversarios. A [[Falange Española]], que até entón nunca tivera representación institucional e non pasaba duns poucos miles de afiliados, comezou a aumentar a súa afiliación. O partido estaba financiado por [[Renovación Española]], o [[Banco Vizcaya]], [[Juan March]] e a Italia fascista.
 
O [[10 de marzo]] a Falange atentou contra a vida do mestre Luis Jiménez de Asúa, asasinando ó policía Jesús Gisbert que o escoltaba. O [[14 de marzo]], de novo a Falange, atentou contra a vida de [[Francisco Largo Caballero|Largo Caballero]], sen éxito. Pouco despois a [[Falange Española]] foi ilegalizada. Pero non por iso deixaba de actuar: asasinaron a Manuel Pedregal, un maxistrado que sentenciara a 30 anos de cárcere a un falanxista que matara a un vendedor de xornais de esquerdas; puxeron unha bomba no desfile conmemorativo do [[14 de abril]], resultando durante a confusión morto un Garda Civil a disparos da Garda de Asalto (no enterro deste houbo enfrontamentos entre a Falange e a Garda de Asalto, resultando varios mortos e feridos); asasinaron ó xornalista Manuel Andrés en [[Donostia]], ó tamén xornalista Luciano Malumbres en [[Santander]] e ó capitán socialista Carlos Faraudo en [[Madrid]]; abriron fogo de metralleta no centro de [[Madrid]] contra traballadores, matando a 3 e ferindo a 40, o día [[16 de abril]].