Igrexa católica bizantina ucraína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4515051 de CommonsDelinker (conversa)+foto
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 25:
A '''Igrexa católica bizantina ucraína''', ou '''Igrexa greco-católica ucraína''' (en [[lingua ucraína|ucraíno]]: Українська Греко-Католицька Церква, ''Ukrainska Hreko-Katolytska Tserkva''), é a maior [[igrexas católicas orientais|Igrexa particular oriental]] da [[Igrexa católica]]. O [[primado]] da Igrexa é o [[arcebispo maior]] de [[Arquieparquía Maior de Kiev-Galicia|Kiev-Galicia]] e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da [[Bautismo de Kiev|aceptación do cristianismo]] polo gran príncipe [[Vladímir I o Grande|Vladímir o Grande]] de [[Kiev]], en 988. A Igrexa tense estendido coa [[diáspora ucraína]], e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres [[bispo metropolitano|bispos metropolitanos]] en [[Polonia]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Canadá]]. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é [[Sviatoslav Shevchuk]]. Dentro da propia [[Ucraína]], o [[catolicismo]] é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría [[ortodoxia|ortodoxa]]. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da [[Igrexa Ortodoxa Ucraína do Patriarcado de Moscova|Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova]] e da [[Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kiev]].
== Organización ==
[[Ficheiro:St John the Baptist Ukrainian Catholic National Shrine.jpg|thumb|250px|Igrexa greco-católica ucraína de San Xoán Bautista de [[OttawaOtava]], [[Canadá]].]]
 
A Igrexa moveu a súa sede central de [[Lviv]] a [[Kiev]] o [[21 de agosto]] de 2005. O título da cabeza da Igrexa cambiouse de ''arcebispo maior de Lviv'' a ''arcebispo maior de Kiev-Galicia''. A día de hoxe, as xurisdicións territoriais da Igrexa son as seguintes: