Exeria (escritora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4515129 de 193.144.37.41 (conversa)
Liña 1:
[[Ficheiro:EtheriaCover.jpg|miniatura|200px|Portada do libro ''The Pilgrimage of Etheria'', nunha tradución de 1919 por M. L. McClure e C. L.]]
[[Ficheiro:Templo de Luxor.jpg|miniatura|Templo de [[Luxor]], porta de entrada: estatuas sedentes de [[Ramsés II]], na antiga [[Tebas, Exipto|Tebas]], visitada por Exeria.]]
[[Ficheiro:Near east lrg.jpg|miniatura|200px|[[Oriente Próximo]], obxecto das súas viaxes.]]
'''Exeria''', coñecida tamén como '''Egeria''', '''Echeria''' e '''Eteria''', foi unha muller da [[Idade Antiga]] coñecida pola súa obra ''[[Itinerarium Egeriae]]'', na que narra unha viaxe a [[Terra Santa]]. Todo parece indicar que naceu na [[Gallaecia]], ''«nas ribeiras máis afastadas do océano occidental»'', segundo documentos do [[século IV]], aínda que como se perdeu a primeira parte da súa obra non son poucos os autores que sitúan a súa terra de orixe na [[Aquitania]] francesa.
 
== Vida ==
Algúns autores considerárona parente de '''Aelia Flacilla''', primeira muller de [[Teodosio I|Teodosio o Grande]]. '''A. Lambert''' avanzou unha hipótese segundo a cal se trataría da irmá de '''Gala''', de quen fala San Xerome como parella de [[Prisciliano]]. Esta hipótese e a súa calidade de muller independente e audaz, así como a súa orixe galaica, serviron como base a algúns autores para adscribila ao movemento [[priscilianismo|priscilianista]].
 
A súa obra ''[[Itinerarium Egeriae]]'' narra a viaxe que realizou ao [[Oriente Próximo]] entre os anos [[381]] e [[384]] (datas aceptadas máis comunmente), que lle outorga a consideración de primeira escritora hispana en [[lingua latina]]. Atravesou o sur de Galia (hoxe [[Francia]]) e o norte da [[península Itálica]]; cruzou en barco o [[mar Adriático]]. Sábese que chegou a Constantinopla no ano 381. De aí partiu a [[Xerusalén]] e visitou [[Xericó]], [[Nazaret]] e [[Cafarnaúm]]. Partiu de Xerusalén cara ao Exipto no ano 382, visitou [[Alexandría]], [[Tebas, Exipto|Tebas]], o [[mar Vermello]] e o [[Sinaí]]. Visitou logo [[Antioquía]], [[Edesa]], [[Mesopotamia]], o [[río Éufrates]] e [[Siria]] desde onde regresou vía Constantinopla. Non hai constancia da data o lugar e as circunstancias da súa morte.
Liña 20 ⟶ 23:
A obra, coñecida como ''[[Itinerarium Egeriae]]'', chegou ata nós incompleta -falta a primeira parte, co título, e a última- e foi escrita en [[Constantinopla]]. Considerada unha obra clave para coñecer o [[latín vulgar]] que se falaba na época e que a mais ofrece unha valiosísima información sobre a sociedade e a liturxia do momento, o ''Itinerarium ou Peregrinatio ad loca sancta'' recolle a viaxe desde as nosas terras a [[Constantinopla]] e [[Xerusalén]], á [[Capadocia]] e á Tebaida no Alto [[Exipto]], as praias do [[mar Vermello]] e as caeiras do [[Sinaí]]. Os monxes dos lugares que visitou recibírona como unha celebridade da época e as autoridades expedíanlle salvocondutos para salvagardar a súa seguridade.
 
O ''Itinerarium'' foi publicado polo propio autor do achado por vez Jucon de algo primeira no ano [[1887]]. Os relatos foron escritos, posiblemente, entre os anos [[393]] e [[396]], do que se deduce a importancia documental do testemuño naqueles anos do primeiro cristianismo, xa que a obra é moi prolífica na explicación de detalles relacionados coa liturxia.
 
== Véxase tamén ==