Vitus Bering: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m engado contido e referencia
Liña 8:
En 1725 viaxou a [[Kamchatka]], desembarcando en [[Okhotsk]] e cruzando a península. Construíu entón o barco ''Sviatoi Gavriil'' (''San Gabriel'' en [[lingua rusa|ruso]]). Nel explorou o norte ata que deixou de avistar terra. Nos anos seguintes investigou o leste, redescubrindo as [[illas Diomede]] (en [[lingua rusa|ruso]] [[Illas Ratmanov]]) que [[Dezhnev]] xa describira. No verán de 1730 Bering volveu a [[San Petersburgo]]. No longo traxecto a través das estepas, enfermou. Cinco dos seus fillos que o acompañaban morreron na viaxe.
 
Bering volveu á rexión de Kamchatka en 1735. Coa axuda dos [[Artesanía|artesáns]] locais [[Makar Rogachev]] e [[Andrey Kozmin]] construíu dous navíos: ''Sviatoi Piotr'' (''San Pedro'') e ''Sviatoi Pavel'' (''San Paulo''), cos que partiu en 1740. Fundou a cidade de [[Petropavlovsk]] en Kamchatka, e desde aí, liderou unha expedición a [[Norteamérica]] en 1741. Unha tormenta separou os barcos e Bering acabou na costa sur de [[Alasca]], desembarcando cerca das [[illas Kayak]]. O segundo barco, capitaneado por [[Aleksei Chirikov]], desembarcou nona [[illa Príncipe de Gales]]<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Bailón|nome=Francesc|data=Outubro 2017|título=Vitus Bering, el hombre que unió dos continentes.|PMC=|revista=Historia. National Geographic|número=nº 166|páxinas=16-20|doi=|ISSN=1696-7755|PMID=|volume=}}</ref> do [[Arquipélago Aleksander]]. Estas travesías son hoxe en día coñecidas como a [[Gran Expedición do Noreste]]
 
As duras condicións da rexión obrigaron a Bering a volver. No traxecto descubriu parte do arquipélago das [[Illas Aleutianas]], que chamou [[Illas Shumagin]] en honra dun mariñeiro do seu barco que morreu alí. Bering enfermou e tivo que refuxiarse nas [[Illas Kommander]] (''Komandorskiye Ostrova''), ó suroeste do [[mar de Bering]]. O 19 de decembro de 1741 Vitus Bering morreu de [[escorbuto]] na [[Illa de Bering]], xunto a 28 membros da súa tripulación.
Liña 14:
O ''Sv. Piotr'' naufragou por unha tormenta, e unicamente o carpinteiro S. Starodubtsev cos supervivintes logrou regresar tras construír un novo navío, de 12,2 metros, tamén chamado ''Sv. Piotr''. Dos 77 homes que partiron regresaron 46. O ''Sv. Piotr'' continuou navegando entre Kamchatka e Okhotsk ata 1755.
 
A importancia do traballo de Bering non foi recoñecido durante moito tempo, ata que [[James Cook]] probou a veracidade dos seus achados. Hoxe en día, o [[Estreito de Bering]], as [[Illas de Bering]], un glaciar en Alasca e o [[Mar de Bering]] levan o seu nome.<ref name=":0" />
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* Cortés, Jordi (2011). ''Bering, en busca de América''. Barcelona: Bambú editorial. ISBN: 978-84-8343-177-1
{{Commons|Vitus Bering}}
=== Ligazóns externas ===