Código xenético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Moedagalega (conversa | contribucións)
*triple > triplo/a.
Liña 40:
O código xenético ten redundancia pero non ambigüidade (ver táboas de codóns). Por exemplo, aínda que os codóns GAA e GAG especifican os dous o [[ácido glutámico]] (redundancia), ningún específica outro aminoácido (non hai ambigüidade). Os codóns que codifican un aminoácido poden diferir nalgunha das súas tres posicións, por exemplo, o ácido glutámico especfícase por GAA e GAG (difiren na terceira posición), o aminoácido leucina especifícase polos codóns UUA, UUG, CUU, CUC, CUA e CUG (difiren na primeira ou na terceira posición), entanto que no caso da serina, especifícase por UCA, UCG, UCC, UCU, AGU, AGC (difiren na primeira, segunda ou tercera posición).
 
Dise que unha posición dun codón é catro veces degenerada se con calquera nucleótido nesta posición se especifica o mesmo aminoácido. Por exemplo, a terceira posición dos codóns da [[glicina]] (GGA, GGG, GGC, GGU) é catro veces dexenerada, porque todas as substitucións de nucleótidos nese lugar son sinónimos; é dicir, non varían o aminoácido. Só a terceira posición dalgúns codóns pode ser catro veces dexenerada. Dise que unha posición dun codón é dúas veces dexenerada se só dúas das catro posibles substitucións de nucleótidos especifican o mesmo aminoácido. Por exemplo, a terceira posición dos codóns do ácido glutámico (GAA, GAG) é dobre dexenerada. Nos lugares dúas veces dexenerados, os nucleótidos equivalentes son sempre dúas purinas (A/G) ou dúas pirimidinas (C/U), así que só as chamadas substitucións transversionais ([[purina]] a [[pirimidina]] ou pirimidina a purina) en dobres dexenerados son antónimas. Dise que unha posición dun codón é non dexenerada se unha mutación nesa posición ten como resultado a substitución dun aminoácido. Só hai un sitio tripletriplo dexenerado no que cambiando tres de catro nucleótidos non hai efecto no aminoácido, mientres que cambiando os catro posibles nucleótidos aparece unha substitución do aminoácido. trátase da terceira posición dun codón de isoleucina: AUU, AUC e AUA, todos codifican isoleucina, pero AUG codifica metionina. En biocomputación, este sitio trátase a miúdo como dobre dexenerado.
 
Hai tres aminoácidos codificados por 6 codóns diferentes: serina, leucina, arxinina. Só dous aminoácidos se especifican por un único codón; un deles é a metionina, especificada por AUG, que tamén indica o comezo da [[tradución (proteínas)|tradución]]; o outro é o triptófano, especificado por UGG. Que o código xenético sexa dexenerado é o que determina a posibilidade de mutacións sinónimas.