Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*triple > triplo/a. / *cuádruple > cuádruplo/a.
Liña 49:
Trala dimisión do ditador [[Miguel Primo de Rivera]], o rei [[Afonso XIII]] intentou devolver ó debilitado réxime monárquico a lexitimidade popular. Para iso, o goberno presidido polo almirante [[Juan Bautista Aznar]] convocou unha rolda de eleccións escalonada, comezando polas municipais para seguir coas xerais. Tendo en conta as circunstancias, as eleccións municipais adquiriron un carácter de plebiscito en prol ou en contra da [[monarquía]].
 
O [[12 de abril]] de [[1931]] celebrouse a segunda rolda das eleccións municipais. Aínda que cuantitativamente saldáronse coa vitoria monárquica nas urnas (26.257 concelleiros monárquicos fronte a 24.731 republicanos)<ref>Estes datos corresponden ós da segunda volta das eleccións segundo o ''Anuario Estatístico de 1931''. Na primeira rolda, do [[5 de abril]], elixíronse ós concelleiros por aplicación do artigo 29, é dicir, por candidatura única. Estes resultados deron 14.018 concelleiros monárquicos e só 1.832 republicanos. Porén, non se saben os datos con exactitude, xa que este Anuario non é fiable. Miguel Martínez Cuadrado outorga 19.035 concelleiros ós monárquicos, 39.568 ós republicanos e 15.198 a tradicionalistas, integristas, nacionalistas vascos, independentes etcétera, na súa obra ''Elecciones y partidos políticos en España''. Para [[Javier Tusell]] os monárquicos obtiveron 40.324, os indefinidos 1.207, os comunistas 67, os republicanos 34.688 e os socialistas 4.813.<br />
De tódolos xeitos en Madrid os republicanos obtiveron o tripletriplo de votos cós monárquicos, e en Barcelona o cuádruplecuádruplo.</ref>, cualitativamente o impulso republicano quedou de manifesto ó trunfar nas grandes cidades (41 das 50 capitais de provincia), é dicir, os núcleos menos vulnerables á influencia do [[caciquismo]] e á perversión do sistema electoral de [[1907]], que impedía a celebración de eleccións cando non houbera listas enfrontadas. Estes resultados colleron de sorpresa tanto a monárquicos coma a republicanos, xa que os monárquicos pensaban que a situación non pasaba de difícil<ref>Tusell, Javier: ''Historia de españa en el siglo XX'' Tomo I. Páxina 205. Taurus, Madrid, 2005.</ref>. Juan Bautista Aznar preguntado sobre a posibilidade dunha crise política respondeu:
 
{{Cita|Que máis crise desexan vostedes que a dun país que se deita monárquico e levántase republicano?}}