Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Moedagalega (conversa | contribucións)
*triple > triplo/a.
Liña 75:
=== Fronte italiana ===
{{Artigo principal|Fronte italiana (primeira guerra mundial)}}
A fronte italiana instaurouse en 1915 coa entrada de Italia na guerra en favor dos aliados. Antes da guerra, Italia formaba parte da ''Triple[[Tripla Alianza'']], xunto con Austria-Hungría e o Imperio Alemán. A pesar da existencia destes acordos, Italia decidiu non axudar aos seus aliados cando se iniciou a guerra en 1914, considerando que os pactos acadados eran tan só defensivos e o conflito serbio-austríaco non era xustificación para involucrarse na contenda. En abril de 1915 deu por non válido este compromiso e en maio declaroulle a guerra a Austria-Hungría, ao Imperio Alemán e ao Imperio Otomán, coa promesa aliada de que obtería territorios austríacos. A fronte estabilizouse axiña en [[Gorizia]] e no [[río Isonzo]], onde Austria estableceu unha liña densa de trincheiras e diversos fortes. As tropas italianas pretendían realizar unha ofensiva rápida e afondar en Austria pronto, pero os transportes eran escasos e o terreo a percorrer, angosto. Despois de numerosos ataques apenas se movera a liña. Durante dous anos, Italia lanzou diversos ataques contra as defensas austríacas, sen resultado agás pequenas vitorias parciais. En 1917 produciuse o avance aliado máis importante, debido á necesidade austríaca de enviar efectivos cara a [[fronte oriental (Primeira Guerra Mundial)|fronte oriental]] durante a [[ofensiva de Brusilov]]. En 1918, os alemáns enviaron reforzos tras vencer aos rusos. Reforzaron as liñas defensivas e emprenderon novos ataques empregando tácticas distintas. As defensas italianas estiveron a punto de colapsarse pero aguantaron ata ao final da guerra.
 
=== Fronte balcánica ===