Pallacanestro Varese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*triple > triplo/a.
Liña 35:
O baloncesto introduciuse na cidade [[Lombardía|lomabarda]] de [[Varese]] no ano 1945 coa fundación do Pallacanestro Varese. Os primeiros patrocinadores do equipo chegarían en 1954, oito anos máis tarde, incluídos Storm e Ignis, seguidos de Emerson, Turisanda, Cagiva, Star, Ciaocrem, Divarese, Ranger, Metis, Whirlpool, Cimberio e o máis recente, OpenjobMetis. Curiosamente, a mediados dos anos 1990, ante a falta de patrocinador o equipo escolleu o seu propio nome: os Varese Roosters. Desde a súa creación, o Pallancanestro Varese gañou 10 campionatos de [[Lega Basket Serie A|Liga]]: 1961, 1964, 1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1977, 1978 e, o último título gañado 21 anos despois, en 1999. Con 10 ''scudetti'', o Varese é o terceiro equipo con máis trofeos da historia da liga italiana, tan só despois do [[Olimpia Milano]] e a [[Virtus Bologna]].
 
Como se demostra polo seu palmarés, o Varese foi un equipo extremadamente competitivo na década de 1970. É nese época onde o equipo chega a xogar dez finais consecutivas da [[Euroliga]], conseguindo gañar cinco: 1970, 1972, 1973, 1975 e 1976. Porén, esta idade de ouro ca comezara uns anos antes, xusto no momento en que Varese gaña a Copa Intercontinental de 1966, título que repetiría catro e sete anos despois (1970 e 1973). Alén disto, tamén gañou dúas Recopas, anos 1967 e 1980, e catro Copas de Italia en 1969, 1970, 1971 e 1973. Por todo isto, o Varese é un dos poucos equipo en ter a honra de posuír a [[TripleTripla Coroa (baloncesto)|TripleTripla Coroa]], é dicir gañar a Liga, a Copa e a Euroliga no mesmo ano. Isto sucedeu nos anos 1970 e en 1973, neste último ano baixo o mando do lendario Aca Nikolić.
 
A era dourada do Varese terminou a comezos dos anos noventa cando o equipo descendeu á segunda división. Porén, o club regresaría rápidamente á máxima categoría onde, despois de cinco anos caendo en primeira ou segunda rolda de playoffs, logra gañar o seu histórico décimo título en 1999, o cal dá ao equipo a estrela que porta na súa camisola de xogo. Ese último título de Liga foi conseguido grazas á dirección desde o banco do adestrador da selección italiana Carlo Recalcati. Desde ese ano o Varese non volve a gañar ningún título, aínda que adoita estar sempre entre os equipos punteiros do país.
Liña 86:
 
=== Non oficiais ===
* '''[[TripleTripla coroaCoroa (baloncesto)|TripleTripla coroa]]'''
** '''Campións (2)''': 1969-70, 1970-73