Liubliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Río Drava
Liña 38:
En [[1693]] estableceuse en Liubliana a sociedade científica [[Academia operosorum labacensis]], e en [[1701]] naceu a sociedade filharmónica ''Academia philharmonicorum''. En [[1919]] Liubliana foi dotada dunha universidade, e en [[1937]] fundouse a Academia Nacional das Ciencias e das Artes.
 
Coa coalición de croatas e serbios en [[1918]], Liubliana converteuse no centro da ''Dravska banovina'' (o dominio do ban do [[Río Drava|Drava]] e, despois da [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], a capital da [[Iugoslavia|república iugoslava]] de Eslovenia. Liubliana seguiu sendo a capital eslovena despois da independencia desta república en [[1991]].
 
Liubliana foi moitas veces devastada por tremores de terra. Despois do sismo de [[1511]] foi reconstruída segundo o modelo dunha cidade renacentista e despois do de [[1895]], que danou seriamente a cidade, foi novamente reconstruída seguindo esta vez o estilo neoclásico. A arquitectura da cidade é pois unha mestura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da Segunda Guerra Mundial están caracterizadas polo traballo do arquitecto esloveno [[Jože Plečnik]].