Manuel Lago González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
 
==Traxectoria eclesiástica==
Fixo o [[bacharelato]] e seguiu a carreira eclesiástica no [[seminario diocesano de Tui]]. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de [[biblia|Sagrada Escritura]], de [[Teoloxía]], de [[lingua grega|grego]] e [[lingua hebrea|hebreo]]. Contribuíu a crear o diario ''[[La Integridad]]'' (1988). Formou parte da [[Asociación Regionalista Gallega]] de [[Manuel Murguía]]. Participou nos segundos [[xogos florais#tui|xogos florais]] de Galicia ([[1891]]) co discurso "Gabanza da lingua galega".
 
Gañou por oposición unha coenxía na [[catedral de Lugo]]. Posteriormente accedeu á [[bispo|dignidade episcopal]], sendo bispo de [[Diocese católica latina de Osma-Soria|Burgo de Osma]] (1909-1917), da [[Diocese católica latina de Tui-Vigo|diocese de Tui]] (1917-1923) e finalmente [[Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago de Compostela]] (1924-1925).