Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 168:
[[Ficheiro:Jsb.jpg|miniatura|dereita|160px|Retrato recentemente descuberto por Towe e proposto como autentico.]]
 
A partir da procura de His, [[Carl Seffner]] creou en 1895 un busto,<ref>{{Cita Harvard|Williams|2004|sp=si|p=194}}</ref> que mostra gran semellanza co único retrato indubidablemente auténtico que chegou aos nosos días, o pintado por [[Elias Gottlob Haussmann]], que existe en dúas versións, unha que data de 1746 (Museum für Geschichte der Stadt Leipzig; propiedade da Thomasschule) e outro de 1748 (William H. Scheide Library, [[Universidade de Princeton|Princeton]]). O primeiro, asinado ''E.G. Haussmann pinxit 1746'', foi presentado á Thomasschule en 1809 polo entón ''kantor'', August Eberhard Müller. Non se sabe onde conseguiu Müller a pintura, mais é moi probable que a pintura permanecese en posesión dun dos descendentes directos de Bach. Frecuentemente suponse que este retrato era aquel que os membros da sociedade Mizler eran obrigados a doar á sociedade na súa admisión, mais iso é unha suposición. Co paso do tempo a pintura foi severamente damnificada e repintada varias veces. Restaurada en 1912-1913, volveu máis ou menos á súa condición orixinal, mais permanece inferior á excelente réplica de 1748, que ilustra a cabeceira deste artigo. Esta, pola súa banda, ten unha orixe segura, xa que pertencera ao seu fillo Carl Philipp e del pasou á familia Jenke, antes de ser exhibido en público por Hans Raupach en 1950. O retrato de Haussmann foi repetidamente copiado en varias técnicas ao longo dos anos.<ref name="Grove"/>
 
A autenticidade dun retrato anónimo en pastel, probablemente pintado despois de 1750 e atribuído a Gottlieb Friedrich ou Johann Philipp Bach, está conservado pola rama Meiningen da familia, non está totalmente garantida, así como a dun retrato dun grupo de músicos, pintado contra o ano 1733 por [[Johann Balthasar Denner]] (Internationale Bachakademie, [[Stuttgart]]), que mostra o que se supón que son Johann Sebastian e tres dos seus fillos. Unha copia deste cadro de grupo en mellores condicións permanece nunha colección particular no [[Reino Unido]].<ref name="Grove"/>