Gaspar Melchor de Jovellanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Obra: Arranxos
Liña 34:
 
==Obra==
Jovellanos escribiu poesía e teatro, aínda que os seus principais escritos foron ensaios de economía, política, agricultura, filosofía e costumes elaborados dende o espírito reformador do [[Despotismo Ilustrado]]. Entre elas destacan o ''Informe sobre la ley agraria'' que escribiu nunha primeira versión en [[1787]] pero que non enviou ata 1784 á Sociedade de Amigos do País de Madrid, quen a remitiu ao Consello de Castela e que se publicou en [[1795]]. Nela Jovellanos móstrase partidario de eliminar os obstáculos á libre iniciativa, que dividía en tres clases: políticos, morais e físicos. Entre eles estaban os baldíos, a [[Mesta]], a fiscalidade, a falta de coñecementos útiles dos propietarios e labregos, as malas comunicacións e a falta de regadíos, canles e portos. Para corrixir esta situación Jovellanos propón que os baldíos e montes en man común pasaran a propiedade privada, disolver a Mesta, cercar asos fincasterreos, e que os arrendamentos estivesen baseados no pacto libre entre os colonos e os propietarios, ademais da limitación dos [[morgado]]s e a supresión da amortización eclesiástica ou da eliminación das trabas sobre os agricultores, alén da reforma dos impostos. A isto habería que engadir a reforma do ensino, para o facer máis práctico, dándolle máis importancia ás materias científicas, e o investimento do Estado en obras públicas. Estas medidas crearían as condicións para a constitución dun mercado de terras, un aumento da produción e a creación dun mercado nacional unificado que posibilitarían que aumentase a poboación e o seu nivel de vida que serviría de base para o inicio da industrialización.
 
''Memoria sobre espectáculos y diversiones públicas'' e ''Cartas del viaje de Asturias''. Nelas lóuvase o valor da razón fronte ás crenzas, crítica a política da época e dá ideas para potenciar o comercio e a industria.
 
Durante a súa estadía en Sevilla foi un dos participantes na tertulia de Pablo de Olavide, o que influíu para que comezase a escribir poesía amoroso e redactou a primeira versión da traxedia ''El Pelayo'' ([[1769]]) e a comedia ''El delincuente honrado'' ([[1773]]). Tamén traduciu o primeiro libro de ''[[Paradise Lost]]'' (''Os paraísos perdidos'').
 
Jovellanos impulsou melloras na súa cidade natal, como a estrada Xixón-León, que significou o traslado do comercio marítimo de [[Avilés]] a Xixón.