Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite news → {{Cita novas, |thumb| → |miniatura| (2)
Liña 138:
En 2006, participou no álbum de [[Jerry Le Lewis]] ''[[Last Man Standing (álbum)|Last Man Standing]]'', cantando o tema de [[Chuck Berry]] «Sweet Little Sixteen», e anunciou que ía figurar como personaxe de [[cómic]] nunha película de animación de [[Pow! Entertainment]] producida por [[Stan Lee]] aínda sen publicar.<ref>{{cita web|url=http://geeksofdoom.com/2007/01/17/ringo-starr-superhero/ |título=Ringo Starr, Superhero |autor=Geeksofdoom.com |data=17 de xaneiro de 2007 |idioma=inglés |dataacceso=3 de maio de 2010}}</ref>
 
En 2006, Daniel Finkelstein, columnista de ''[[The Times]]'', emprendeu unha petición para que outorgasen o título de [[Orde do Imperio Británico|Sir]] a Ringo, despois de que dez anos antes lle fora concedido a McCartney.<ref>{{Cita web |url=http://archive.is/9OjjK |título=Ringo and power law |apelido=Finkelstein |nome=Daniel |editorial=TimesOnline |idioma=inglés |dataacceso=10 de setembro de 2017}}</ref> A petición foi apoiada nos xornais ''[[The Sun]]''<ref name="thesun">{{Cita web |url=http://www.thesun.co.uk/article/0,,2-2006580262,00.html |título=Arise, Sir Ringo, you are a Starr |dataacceso=9 de marzo de 2007 |data=16 de decembro de 2006 |apelido=Brown |nome=Derek |editorial=The Sun Online}}</ref> e ''Canada National Post'',<ref name="canadapost">{{Cita web |url=http://www.canada.com/nationalpost/news/artslife/story.html?id=6eeda248-0638-44c2-938e-155a031a00ed |título=Knight Ringo? |editorial=National Post |dataacceso=9 de marzo de 2007 |data=12 de decembrpdecembro de 2006 |apelido=Doherty |nome=Mike |apelido2=Nestruck |nome2= J. Kelly |idioma=inglés}}</ref> e recibiu un total de 1887 firmas. Aínda así, o propio Ringo declarou non ter interese no título, e preguntado se lle molestaba non ter ese recoñecemento, contestou en ton xocoso: «Non, non quero ser un cabaleiro, prefiro ser un duque ou un príncipe».
 
En 2008, asinou un contrato con [[Capitol Records]] e lanzou ''[[Liverpool 8]]'', un novo álbum publicado con motivo da candidatura de [[Liverpool]] como [[Capital Europea da Cultura]]. Aínda que volveu traballar con Hudson como produtor, foi substituído por [[David A. Stewart|David Stewart]] tras varias disputas con Ringo. Segundo o xornalista Peter Palmiere, a ruptura tivo lugar por mor da insistencia de Ringo de usar novos sons propostos por Stewart e rexeitados por Hudson.<ref>{{cita web|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/6766645.stm |título= Starr to put solo material online |editor=BBC NEWS &#124; Entertainment &#124;|idioma=inglés |autor=News.bbc.co.uk |dataacceso=17 de setembro de 2017}}</ref> No sentido oposto, o propio Ringo comentou sobre a súa ruptura con Hudson: «Foi unha cuestión de amizade e sinceridade e non ten nada que ver cos sintetizadores». O álbum obtivo recensións máis críticas en comparación con ''Ringo Rama'' e ''Choose Love'', e obtivo un éxito comercial moderado ao alcanzar o posto 91 na lista ''[[UK Albums Chart]]'' e o 94 na lista ''Billboard 200''. Entre xuño e agosto, promocionou o disco coa décima formación de The All-Starr Band, formada por Squier, Hay, Winter, Wright, Stuart e [[Gregg Bissonette]].
 
Outra disputa paralela enfrontou a Ringo cos seus seguidores ao publicar na súa web un vídeo no que anunciaba que non ía asinar máis autógrafos a calquera solicitude que recibise por correo despois do 20 de outubro de 2008.<ref>{{cita web | título = Ringo Starr to stop signing autographs| url = http://media.ringostarr.com/video//2008-10-10/2008-10-10.mov |páxina-web= Ringo Starr Official Website |idioma=inglés | dataacceso=14 de outubro de 2013|urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://media.ringostarr.com/video//2008-10-10/2008-10-10.mov|dataarquivo=29 de novembro de 2015}}</ref> Pouco despois, xustificou a súa decisión debido a cómpra-venda de autógrafos a través de plataformas dixitais como [[eBay]]: «Estaba a asinar e logo estaba ao día seguinte en eBay, de modo que decidín: "Creo que fixen a miña parte". Iso foi todo».<ref>{{cita web |url=http://www.nowpublic.com/culture/ringo-starr-refuses-sign-autographs-because-resale-ebay-2604302.html |autor=Now Public |título=Ringo Refuses Sign Autographs Because Of Resale on eBay |idioma=inglés |dataacceso=17 de outubro de 2013 |data=12 de abril de 2010|urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://www.nowpublic.com/culture/ringo-starr-refuses-sign-autographs-because-resale-ebay-2604302.html|dataarquivo=29 de noviembre de 2015}}</ref>
 
== Notas ==