Valor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Revisión lingüística xeral. / Axustes de ligazón interna. / Axuste de formato.
Isili0n (conversa | contribucións)
*Devaluar > desvalorizar, depreciar.
Liña 6:
{{Cita|Posto que os valores non son cousas, nin elementos das cousas, entón os valores son impresións subxectivas de agrado ou desagrado, que as cousas nos producen a nós e que nós proxectamos sobre as cousas. Acudiuse entón ao mecanismo da proxección sentimental; acudiuse ao mecanismo dunha obxectivación, e díxose: esas impresións gratas ou ingratas, que as cousas nos producen, nós arrincámolas do noso eu subxectivo e proxectámolas e obxectivámolas nas cousas mesmas, e dicimos que as cousas mesmas son boas ou malas, ou santas ou profanas|García Morente}}
 
Valores como [[honestidade]], [[lealdade]], [[identidade cultural]], [[respecto]], [[responsabilidade]], [[Solidariedade (socioloxía)|solidariedade]], [[amor]], [[tolerancia social|tolerancia]], [[sinceridade]], etc., son fundamentais para a [[convivencia]] pacífica da sociedade.
 
Con todo, como en moitos dos temas antropolóxicos pódese considerar que a [[liberdade]] ou a solidariedade máis que valores persoais ou sociais son os seus fundamentos de valor, o que delimita o ámbito axiolóxico. Como calidades apreciadas polo suxeito só adquiren o rango de valores no momento en que son alcanzadas como prácticas persoais e/ou colectivas. Noutras palabras, a liberdade non é un valor polo contido do concepto ou por ser apreciada como unha práctica desexable dun determinado grupo social; a liberdade é un valor cando é apreciada e exercida polos suxeitos, é dicir, demanda situacións praxeológicas, é o exercicio da liberdade nunha comunidade. Isto coñécese como [[dialéctica]] obxecto-suxeito, relación recíproca entre o obxecto considerado como valioso polo pensamento e a práctica do suxeito de hábitos virtuosos.
 
== Tipos de valores ==
Existen diversos tipos de valores, como son os valores económicos, os sociais e os morais ou espirituais. A [[axioloxía]] non pode xerarquizar os valores; cada un ten aspectos ou propiedades importantes e ademais interactúan entre si. Son antivalores aqueles que devalúandesvalorizan o mundo na súa riqueza natural e espiritual.
 
== Véxase tamén ==