Diferenzas entre revisións de «Eilat»

 
=== Período xudeu ===
[[Ficheiro:PikiWiki Israel 14880 The city of Eilat.jpg|miniatura|250px|dereita|O asentamento de Eilat na década de 1960]]
Eilat mencionase na [[Biblia]] por primeira vez no [[Libro do Éxodo]]. As primeiras seis estacións da ruta do Éxodo teñen lugar en [[Exipto]]. A sétima é o cruzamento do [[mar Vermello]] e desde a 9ª a 13ª teñen lugar nas proximidades de Eilat. A estación 12ª refírese a unha ducia de campamentos arredor de Timna no moderno Israel preto de Eilat. Cando o rei [[David]] conquistou [[Edom]],<ref name="gideon">{{cite web|url=http://www.gideon.022.co.il|title=ישראל המקדשית|publisher=Gideon.022.co.il|date=|accessdate=16 de setembro de 2011}}</ref> que ata entón fora a fronteira común entre Edom e Midian, pasou por Eilat, a cidade compartida tamén por eles. A cidade portuaria comercial e centro da industria do cobre mantivéronse con Exipto ata que foi reconstruída por [[Salomón]] no lugar hoxe coñecido como [[Ezion-Geber]] (I Reis 9:26). En [[Libro dos Reis|2 Reis]] 14:21-22 "Xudá enteiro fixouse en Azarías, cando tiña dezaseis anos, e aclamárono rei, no posto de seu pai Amasías. El reconstruíu Eilat e volveullo a Xudá, despois de que o rei adormeceu con seus pais."<ref>{{cita web|url=http://www.abibliagalega.com/historicos/a2-reis/capitulos-11-15/|publicación=A Biblia galega|título=2 Reis 14:21-22|dataacceso=30 de setembro de 2017}}</ref> E de novo en 2 Reis 16:6 "Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe."<ref>{{cita web|url=http://www.abibliagalega.com/historicos/a2-reis/capitulos-16-20/"|publicación=A Biblia galega|título=2 Reis 16:6|dataacceso=30 de setembro de 2017}}</ref>