Diferenzas entre revisións de «Eilat»

 
O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos [[deserto]]s do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do [[mar Vermello]] axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións [[coral (animal)|coralinas]], moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.
 
== Etimoloxía ==
A orixe do nome Eilat, mencionado no [[Antigo Testamento]], non se coñece a con certeza, pero probablemente proveña da raíz hebrea A-Y-L ({{lang-he|א. י. ל.}}), que tamén é a raíz para a palabra ''Elah'' ({{lang-he|אלה}}), que significa [[Pistacia]]. Como outras moitas localidades, Eilat aparece mencionada na [[Biblia]] tanto na forma singular como plural (Eilot).<ref name="grinzweig110">{{cite journal|author=Grinzweig, Michael|editor1-last=Cohen|editor1-first=Meir|editor2-last=Schiller|editor2-first=Eli|year=1993|title=From the Items of the Name Eilat|issue= 93–94: Eilat – Human, Sea and Desert|journal=Ariel|publisher=Ariel Publishing|page=110|language=he}}</ref>
 
== Historia ==