Palabra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
=== Segundo a súa acentuación ===
En certas linguas con acento de intensidade fonolóxico, a posición do acento de intensidade non está fixada sempre na mesma sílaba; estas linguas denomínanse linguas de acento libre. En linguas de acento libre como o galego pode facerse a seguinte clasificación:
* As palabras agudas son aquelas na que recae o [[acento prosódico|acento]] na última [[sílaba]]. Por exemplo: ''canón''.
* As palabras graves ou paroxítonas son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo: ''padiola''.
* As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo: ''cóengo''.
 
Fonoloxicamente o acento axuda a segmentar a cadea falada en grupos fónicos ou en palabras. En linguas de acento en posición fixa como o [[lingua francesa|francés]] onde o acento cae ao final de cada palabra tónica, a identificación da posición do acento permite segmentar en palabras (exceptuando as palabras [[clítico|clíticas]]).
 
=== Segundo o seu número de sílabas ===