Palabra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío de pt.wiki
Liña 7:
As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa [[acentuación]] ou segundo o seu número de [[sílaba]]s.
 
== Concepto ==
== Segundo a clase de palabras á que correspondan ==
Cando nos referimos á palabra como "conxunto de letras" é parte da [[linguaxe]] escrita ou gráfica. Cando nos referimos á palabra como "conxunto de sons" é parte da linguaxe falada ou glótica. En ambos os casos, denomínase ''aspecto externo'' ou ''representación material'' da palabra, e a este aspecto externo, material, dáselle o nome de ''vocábulo''.<ref name="Almeida. 2005">Napoleão Mendes de Almeida. ''Gramática Metódica da Língua Portuguesa''. 45. ed., São Paulo: Saraiva, 2005. Pág. 18. ISBN 978-85-02-05430-1</ref><ref>{{DRAG|vocábulo}}</ref>
 
Cando nos referimos á palabra como "índice da idea que representa", é dicir, cando se fala do sentido tras da palabra escrita ou falada, estamos a referirnos ao ''aspecto interno'' ou ''representación inmaterial'' da palabra, e a este aspecto interno, inmaterial, dáselle o nome de ''termo''.<ref name="Almeida. 2005"/><ref>{{DRAG|termo}}</ref>
 
É por isto que o correcto é "explicar ben un termo", non "explicar ben un ''vocábulo''". Do mesmo modo, o correcto é "pronunciar ben un vocábulo", non "pronunciar ben un ''termo''".
 
As palabras poden ser combinadas para crear [[frase]]s.
 
Unha palabra tamén pode ser definida como un conxunto de [[morfema]]s. Con todo, aínda que na [[lingua]] [[escrita]] a demostración deste concepto sexa relativamente simple (e en moitos sistemas de escrita as palabras sexan delimitadas por [[espazo (tipografía)|espazos]] entre si), hai idiomas que non empregan divisores de plabras, como no [[lingua sánscrita|sánscrito]]. Alén disto, en [[manuscrito]]s antigos [[lingua latina|latinos]] (e no [[lingua xaponesa|xaponés]], no que o uso do [[kanji]] era frecuente) o uso de delimitadores de palabra era optativo.
 
== Clasificación ==
=== Segundo a clase de palabras á que correspondan ===
* [[adxectivo]]
* [[adverbio]]
Liña 18 ⟶ 30:
* [[interxección]]
 
=== Segundo a súa acentuación ===
* As palabras agudas son aquelas na que recae o [[acento prosódico|acento]] na última [[sílaba]]. Por exemplo: ''canón''.
* As palabras graves son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo: ''padiola''.
* As palabras esdrúxulas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo: ''cóengo''.
 
=== Segundo o seu número de sílabas ===
* palabra monosílaba: aquela palabra cunha soa sílaba. Por exemplo: ''sol''.
* Palabra bisílaba: aquela palabra con dúas sílabas. Por exemplo: ''guión'', ''fiel'', ''baúl''
* Palabra trisílaba: aquela palabra con tres sílabas. Por exemplo: ''muíño'', ''saía'', ''óeas'', ''vídeo''
 
== Palabras variables e invariables ==
As palabras poden ser invariables, se sempre se empregan da mesma forma (''cada'', ''alguén'') ou variables, se poden presentarse de maneiras diferentes de acordo coa súa especificación morfosintáctica (''o'', ''a'', ''os'', ''as'', ''lea'', ''len'').<ref name="azeredo142" /> As invariables preséntanse sempre da mesma forma como constan nun [[dicionario]]. As [[preposición]]s, as [[conxunción]]s e os [[adverbio]]s son sempre invariables.<ref name="azeredo142" />
 
Os [[Artigo (gramática)|artigos]], os [[pronome]]s e os [[verbo]]s son sempre variables.<ref name="azeredo142" /> Entre os [[adxectivo]]s e os [[substantivo]]s, case sempre son variables, a pesar de existir algúns invariables (''tórax'').<ref name="azeredo143">Azeredo, p. 143</ref>
 
== Estrutura das palabras ==
A palabra está composta dun núcleo semántico que é a súa base mórfica ou raíz. Alén dela, os demais elementos son periféricos. A palabra pode estar composta só pola raíz, como ''mar'' ou ''feliz'', ou posuír tamén morfemas periféricos, como ''marinho'' ou ''infeliz''.<ref name="azeredo143" />
 
Hai catro tipos de morfemas gramaticais:<ref name="azeredo143" />
* Bases;
* [[Afixo]]s ou [[Derivación (lingüística)|morfemas derivacionais]];
* [[Vogal temática|vogais temáticas]];
* [[Desinencia]]s ou morfemas flexionais.
 
== Palabra primitiva ==
Unha palabra primitiva é unha palabra na que a súa formación non tivo orixe a partir doutro [[Radical (lingüística)|radical]] (por exemplo: pedra, flor, casa, libro, papel).<ref name="PLeL">{{cita libro
|apelidos1=Abaurre|nome1=Maria Luiza|apelidos2=Pontara|nome2=Marcela Nogueira|apelidos3=Fadel|nome3=Tatiana|título=Português: língua e literatura|volume=1|edición=2.ª|páxina=161|ano=2005|editorial=Moderna|lugar=São Paulo|isbn=85-16-03845-9}}</ref> Estas palabras, mediante un proceso derivativo poden dar orixe a novas palabras: pedra''ría'', flor''ecer'', cas''eiro'', libr''aría'', papel''aría''). <ref name="PLeL"/>
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro |nome= José Carlos de|apelidos= Azeredo|título= Gramática Houaiss da Língua Portuguesa|lingua= pt|lugar= São Paulo|editorial= Publifolha|data= 2008 |isbn=978-85-7402-939-9}}
=== Outros artigos ===
* [[Lexia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.uned.es/sel/pdf/jul-dic-00/302GzCALVO.PDF Sobre a palabra e clases de palabras] (nivel avanzado) artigo escrito por José Manuel González Calvo e publicado pola Revista Española de Lingüística.