Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
En [[Buenos Aires]] fundou e dirixiu o [[Teatro Popular Galego]], que puxo en escena obras de [[Lugrís Freire]], do propio Blanco Amor e doutros autores. Tamén foi director da revista ''[[Galicia (revista da Federación de Sociedades Gallegas)|Galicia]]'', publicada pola [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]].
[[Ficheiro:Blanco Amor Ourense 1.jpg|miniatura|Escultura de [[Xosé Cid Menor]].]]
Retornou a [[Galicia]] o [[16 de xaneiro]] de [[1965]], e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de relatos ''[[Os biosbardos]]'' (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en [[1970]] alumeou unha nova edición d' ''[[A esmorga]]'', e en [[1972]] apareceu a extensa novela ''Xente ao lonxe'', onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do [[Ourense]] de principios de século. Nos seus últimos anos prestou unha grande atención ao xénero teatral, con obras como ''Farsas para Títeres'' (1973) e ''Teatro prá xente'' (1975).
 
Amais da literatura, practicou a [[fotografía]] de xeito afeccionado, cunha cámara [[Voigtländer]]. As súas imaxes, máis de 3.000, permanecen sen clasificar no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. En 2004 [[Editorial Galaxia]] publicou o libro ''A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973'', unha escolma representativa con edición e limiar de [[Carlos Lema]] e cun [[epílogo]] de [[Margarita Ledo]]. Inclúe [[autorretrato]]s, imaxes de viaxes por lugares como [[Marrocos]], [[París]] ou [[Nápoles]], e fotografías de persoeiros como [[García Lorca]], [[Castelao]], [[Otero Pedrayo]], [[Luís Seoane]] ou [[Indalecio Prieto]].