Esquerra Republicana de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo datos
Sen resumo de edición
Liña 20:
ERC, partido de relevantes políticos cataláns como [[Francesc Macià]], [[Lluís Companys]] ou [[Josep Tarradellas]], desenvolveu un importante papel na política catalá e española durante a [[Segunda República Española|Segunda República]], durante a loita antifranquista e a Transición á democracia.
 
ERC conta actualmente con aproximadamente 9.000 afiliados. O presidente do partido é [[Joan Puigcercós]] e o secretario xeral [[Joan Ridao]].
 
O partido conta con 21 escanos no [[Parlamento de Cataluña]], un escano no [[Parlamento das Illas Baleares]], tres no [[Parlamento español]], e un (ocupado por [[Oriol Junqueras]]) no [[Parlamento Europeo]], no que ERC participa integrada na coalición [[Europa dos Pobos]].
 
Ademais da súa implantación en Cataluña, ERC posúe unha representación nas [[Illas Baleares]] e no [[Cataluña do Norte|Rosellón francés]], así como na [[Comunidade Valenciana]], onde emprega a denominación [[Esquerra Republicana del País Valencià]] (ERPV).
 
O [[17 de setembro]] de [[2011]], durante o 26º congreso nacional, foi elixido [[Oriol Junqueras]] como presidente e [[Marta Rovira]] como secretaria nacional.
 
== Ideoloxía ==
Liña 33 ⟶ 35:
== Historia ==
=== 1931-1936: a II República ===
O partido foi fundado por [[Jaume Aiguader]] na ''Conferència d'Esquerres Catalanes'' celebrada entre o 17 e o 20 de marzo de [[1931]] no barrio de [[Sants]] ([[Barcelona]]), sendo o resultado da unión do ''[[Partit Republicà Català]]'' de [[Lluís Companys]], ''[[Estat Català]]'' de [[Francesc Macià]] e o grupo ''[[L'Opinió]]'' (que debe o seu nome ó do semanario homónimo) de [[Joan Lluhí]]. Con Macià á testa, gañou as eleccións municipais dese ano, proclamando aquel a [[República catalá]] dentro da federación ibérica, tentando así recuperar as institucións de autogoberno que foron derogadasderrogadas polos [[Decretos de Nueva Planta]], promulgados por [[Filipe V de España|Filipe V]] en [[1714]], os cales relegaran, ademais, a súa lingua e a súa cultura. O goberno español provisional do '''comité revolucionario''' tivo que enfrontarse á crise provocada con esta iniciativa e propuxo acelerar o proceso de autonomía que resultou no [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932|Estatuto de Autonomía]] de [[1932]].

En [[1934]], [[Lluís Companys]] aproveitando a tensión obreira que deriva cara á [[Revolución de Asturias de 1934]], novamente declarou o ''Estat Català'' dentro da '''República Federal Española''' desafiando ó goberno, quen declarou o estado de guerra e ordenou a intervención do Exército. Companys foi detido e encarcerado, e o goberno autónomo suspendido.
 
En [[1936]] Esquerra formou parte do [[Frente Popular]] que gañou as eleccións xerais de febreiro e Companys asumiu novamente o goberno da [[Generalitat de Cataluña|Generalitat]].