Gondomar Club de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Amistoso > amigábel, amigable.
Liña 28:
 
== Historia ==
O equipo foi fundado en 1914 por un grupo de rapaces co nome de Gondomar Football Club, cando en [[Vigo]] existían xa o [[Vigo Foot-ball Club]] e o [[Real Club Fortuna de Vigo|Real Club Fortuna]]. En 1917 mudaron o nome do equipo polo de '''Gondomar Sporting Club''', constituíndose oficialmente ante o Goberno Civil de Pontevedra. Por entón aínda non participaban en competicións oficiais, senón en partidos amistososamigábeis. Xa en 1922 o Gondomar SC e o Iris FC -outro equipo da vila- fundaron o equipo Miñor FC coa intención de federalo, mais pouco despois o Iris FC botouse atrás e fundouse de novo o Gondomar SC. O primeiro campo, na zona das Cercas, foi cedido por [[Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada]], undécimo [[Condeconde de Gondomar]].
 
En 1943 iniciáronse os trámites para construír o campo municipal das Gaiandas, inaugurado en 1944 polo presidente do club, Vicente Vázquez, e o alcalde do concello, Francisco Alborés. O equipo federouse entón co nome de Club Gondomar. Un dos primeiros triunfos acadados foi o campionato do Baixo Miño-Val Miñor, que lle permitiu disputar o título de Campión de Campións cos gañadores das fases celebradas nas outras comarcas do sur de Galicia. Venceu na final ao [[Coruxo FC]].