El País: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
Isili0n (conversa | contribucións)
*Acostumbrar > avezar, acostumar, afacer...
Liña 92:
'''''El País''''' (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal [[España|español]] de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de [[España]], segundo a [[Oficina de Xustificación da Difusión]]. Ten sede social e redacción central en [[Madrid]], aínda que conta con delegacións nas principais capitais de [[España]] ([[Barcelona]], [[Sevilla]], [[Valencia]], [[Bilbao]]...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.
 
Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, [[socialdemócrata]] no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre [[España]]. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que acostumbranavezan a reforzar a liña editorial [[progresista]] do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego [[Manuel Rivas]], que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de '''El País''', [[EPS País Semanal]].
 
No aspecto formal, ''El País'' caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la [[Times New Roman]].