Diferenzas entre revisións de «Mercurio (deus)»

Como Hermes, era tamén o mensaxeiro dos deuses e deus do comercio, en particular do comercio de cereais. Era considerado así mesmo como un deus da abundancia e do éxito nos negocios, especialmente na Galia. Ao igual que Hermes, Mercurio era tido por un deus [[psicopompo]], é dicir, guía das ánimas no mundo de ultratumba. Como ''psicopompo'', xustifícase a presenza ao seu lado do can, animal vinculado á noite, a lúa e os mortos. Aínda máis, [[Publio Ovidio Nasón|Ovidio]], escribiu que Mercurio levou os soños de [[Morfeo (mitoloxía)|Morfeo]] desde o val de [[Hypnos]], o [[Soño]], ata os durmidos humanos.
 
O templo de Mercurio no [[Circo Máximo]], entre os outeiros do [[Outeiro Aventino|Aventino]] e o [[Outeiro Palatino|Palatino]], foi erguido en [[-495]]. Este era un sitio apropiado para adorar a un veloz deus do comercio e as viaxes, dado que non só era un lugar para carreiras, senón tamén un centro de comercio e negocios. A súa colocación entre o [[Outeiro Aventino|Aventino]], centro histórico da emerxencia da plebe, e o [[Outeiro Palatino|Palatino]], centro da aristocracia, enfatizaba o papel de Mercurio, como [[mediador]].
 
Debido a que Mercurio non fora unha das deidades primarias sobreviventes do [[Reino de Roma]], non lle fora asignado un ''[[flamen]]'' ou sacerdote, pero tiña unha óptima festa o 15 de maio, as [[Mercurialia]]. Durante as Mercurialia, os mercadores salpicaban auga sobre as cabezas propias, auga que sacaban do pozo sagrado do deus, sito preto da [[Porta Capena]].
226.373

edicións