Franz Schubert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obra musical: Arranxos varios
Liña 36:
 
=== Madurez ===
Fóra do fogar de nacemento e decidido a gañarse a vida coa música, Franz Schubert refuxiouse na casa do seu amigo [[Franz von Schober]]. Este foi o inicio dunha longa peregrinación, xa que nunca conseguiu manterse só coas súas composicións, sobrevivindo coa xenerosidade dos seus numerosos amigos, que o foron acollendo sucesivamente nas súas respectivas casas. Schubert nunca mantivo unha relación de parella duradeira e non tivo fillos. Pero adscribiuse a un círculo íntimo de amigos que lle brindou moitas satisfaccións persoais, ademais de constituír un público fiel e sensible óá seusúa arte.
 
Schubert non conseguiu estrear ou publicar ningunha das súas obras operísticas ou orquestrais. Simplemente se interpretaron algunhas composicións vocais ou pianísticas nas célebres ''schubertiadas.''