Chuvia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+vídeo
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Choiva xeada: +trad. ca.wiki
Liña 89:
==== Choiva xeada ====
A [[choiva xeada]] é un tipo de [[precipitación atmosférica]] líquida que se conxela ao instante cando toca a terra ou un obxecto. É moi perigosa porque forma unha capa de [[xeo]] sobre rúas e estradas. A choiva xeada fórmase nas nubes en forma de copos de [[neve]], pero durante a súa caída atopa capas de aire por riba dos 0°C e [[Fusión (cambio de estado)|fúndese]] completamente, pero atópase que a capa de aire que hai sobre a terra está por debaixo do punto de conxelación; e debido á tensión superficial das pingas e á velocidade de caída, non se volven a conxelar ata que non tocan a superficie terrestre. Isto ocorre especialmente no [[inverno]] en situación de [[inversión térmica]].
 
==== Choiva ácida ====
{{AP|Choiva ácida}}
[[Ficheiro:Acid rain woods1.JPG|miniatura|Efectos da choiva ácida.]]
A choiva ácida é un tipo de choiva que se caracteriza para ter uns niveis de [[pH]] (a medida da acidez) inferiores aos normais, cousa que significa que é máis [[ácido|ácida]]. A causa desta acidificación da choiva hai que atopala na mestura da auga cos produtos do [[xofre]] e do [[nitróxeno]] que se atopan na atmosfera e que se ocasionan na [[combustión]], por exemplo a [[óxido nitroso]], o [[óxido nítrico]] ou o [[dióxido de xofre]], que ao combinarse coa auga xeran [[ácido nitroso]], [[ácido nítrico]], e [[ácido sulfúrico]]. Este fenómeno produciuse na historia da terra debido ás [[Volcán|erupciones volcánicas]], pero nos últimos tempos incrementouse dende que na [[era industrial]] se levou a cabo unha queima masiva de [[Combustible fósil|combustibles fósiles]]. Esta choiva mata as plantas e causa a desaparición de bosques enteiros.
 
== Nomes da chuvia en galego ==