Meritocracia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixes e Historia: Genghis Khan
m Arranxiños​
Liña 12:
Gobernos e organismos meritocráticos salientan o talento, educación formal e competencia en lugar das diferenzas existentes como [[clase social]], [[etnia]] ou [[sexo]]. Na práctica, as investigacións sobre mobilidade social indican que todos estes criterios supostamente neutros favorecen ós fillos dos que xa son privilexiados dalgún modo.
 
Nunha democracia representativa, onde o poder está, teoricamente, nas mans dos representantes electos, os elementos meritocráticos inclúense no uso de consultores especializados para axudar á formulación de políticas e nun servizo civil meritocrático para implementarpoñer en funcionamiento devanditas consultorías. O problema perenne da defensa meritocrática é definir, exactamente, que se entende por "mérito".
== Orixes e Historia ==
A palabra meritocracia probablemente aparece por primeira vez no libro ''Rise of the Meritocracy'' de [[Michael Young]] ([[1958]]). No libro aparecía cargada de contido negativo, xa que a historia trataba dunha [[sociedade]] futura na cal a [[posición social]] dunha persoa era determinada polo [[coeficiente intelectual]] e o esforzo. Young utilizou a palabra mérito nun sentido pexorativo, diferente ó común ou aquel usado polos defensores da meritocracia. Para estes, mérito significa aproximadamente habilidade, [[intelixencia]] e esforzo. (Unha crítica comunmente feita á meritocracia é a ausencia dunha medida específica deses valores, e a arbitrariedade das eleccións).