Restauracionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 62:
Os [[Cristadelfiáns]], dirixidos inicialmente por [[John Thomas (Cristadelfián)|John Thomas]], un converso ao movemento restauracionista das igrexas "cristiás", empezou a publicar agudas críticas cara aos seus correlixionarios, censurándoos pola súa falta de disposición a abrazar o cristianismo primitivo. Os seus partidarios constituíron un movemento novo despois de que Thomas empezase a desmarcarse coa súa oposición ás doutrinas da [[inmortalidade da alma]] e da [[Trindade]], o rexeitamento a participar en política e nas Forzas Armadas, así como outras características distintivas.
 
=== Testemuñas de XeováXehová ===
{{Artigo principal|Testemuñas de XeováXehová}}
Os ''[[testemuñas de Xeová]]'' xurdiron nos [[anos 1870]] a partir dun grupo de estudantes da [[Biblia]] dirixido por [[Charles Taze Russell]]. Eles cren que nalgún momento do primeiro século de nosa era, debido á Apostasía perdéronse as crenzas e entendemento orixinal. As Testemuñas cren que estas poden recuperarse por medio dunha interpretación da Biblia en sentido literal, espiritual, simbólica, profética e mediante un compromiso de obediencia aos ensinos alcanzados deste xeito. As Testemuñas de Xeová centráronse na restauración e negación de certas doutrinas que, de acordo á interpretación da Biblia, resultarían evidentes e lóxicas. Entre estas atoparíase o uso da palabra "[[XeováXehová]]" como forma apropiada para referirse a Deus pai e tamén a negación do [[trinitarismo]], a condena á inxestión ou transfusión de sangue, o cal é un mandato escrito na Biblia, a neutralidade en política, a participación en calquera tipo de guerra e a crenza no ''Reino de Deus''.
 
== Cronoloxía restauracionista da Gran Apostasía ==