Restauracionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 23:
== Protesta en contra do protestantismo ==
 
Os restauracionistas non se conformaban coa mera cooperación entre as denominacións relixiosas. Os líderes destes movementos non consideraban que DivosDeus pretendese cos reavivamentos unicamente facer crecer ás vellas institucións e perpetuar as antigas divisións. Pola contra, consideraban que o novo espertar relixioso era o precursor dunha nova era. Os restauracionistas buscaban o restabelecemento e a renovación de toda a igrexa cristiá de acordo ao modelo establecido no [[Novo Testamento]]. Daban pouco valor aos credos nacidos co tempo no [[catolicismo]] e o [[protestantismo]], aos que atribuirían a responsabilidade de dividir ao cristianismo. Algúns ata consideraban que a [[Biblia]] tamén sucumbira a unha corrupción antiga ou malinterpretacións debidas a un numero indeterminado de traducións, necesitando así ser corrixida.
 
Da [[Reforma protestante]] podería dicirse que posuíu nos seus inicios certo impulso restauracionista que trataba de corrixir a marcha da igrexa e devolvela á obediencia orixinal. Pero os movementos protestantes de reforma, incluíndo aos [[puritanismo|puritanos]], aceptaron a idea de que a historia ten certa "xurisdición", segundo apunta o historiador Richard T. Hughes. Igualmente, Mark Noll afirma que os protestantes "por mediación da historia, adquiriron os tesouros contidos nas escrituras". Os protestantes crían que debían respectar a historia cando esta se interpretaba mediante a fe. Ata [[Xoán Calviño]] sostivo (aínda que a afirmación é enigmática) que o pasado é un " [[magisterium|maxisterio]] vivo". Pola contra, os restauracionistas aspiraban a ir máis aló da historia, rebelándose contra a "xurisdición" dos logros do pasado, para ser libres de abrazar o modelo divino revelado nun principio aos [[apóstolo]]s de Cristo, isto é, o Reino de Deus.