Abrir o menú principal

Cambios

En 1876, Alexander Graham Bell rexistrou unha patente que realmente non describía o teléfono mai que o mencionaba como tal.<ref>Szymanczyk, Oscar (2013): [https://books.google.com.ar/books?id=yjk0AgAAQBAJ&pg=PA85&lpg=PA85&dq=meucci+bendelari&source=bl&ots=I863hfDgDK&sig=r_LAjfWakgiLcSPL-6g23AEvoRY&hl=es-419&sa=X&ved=0ahUKEwi_0PCa3JPPAhWJfZAKHaalCNwQ6AEIXTAI#v=onepage&q=meucci%20bendelari&f=false ''Historia de las telecomunicaciones mundiales''] (páxina&nbsp;85). Buenos Aires: Dunken, 2013</ref> Cando Meucci, que vivía preto de Nova York o descubriu pediu a un avogado que reclamase ante a oficina de patentes dos Estados Unidos en Washington, algo que nunca sucediu. Con todo, un amigo que tiña contactos na capital, descubriu que se perdera toda a documentación referente ao "telégrafo falante" rexistrada por Meucci.<ref name=Diario_ABC/>
 
Unha investigación posterior puxo en evidencia un delito de prevaricación por parte dalgúns empregados da oficina de patentes coa compañía de Bell. Nun litixio posterior entre a [[Bell Telephone Company]] (creada en 1877) e a [[Western Union]], apareceu un acordo segundo o cal Bell pagaría á Western Union un 20&nbsp;% dos beneficios derivados da comercialización do seu invento durante 17&nbsp;anos.<ref name=Noticias_24/> Dez anos despois, nun proceso legal de 1886, Meucci tivo que demandar o seu propio avogado, sobornadosubornado por Bell. Non obstante, foi quen de facer entender ao xuíz que non había dúbida sobre a autoría do invento rexistrado. A pesar da declaración pública do Secretario de Estado do momento:
{{cita|Existen suficientes probas para dar prioridade a Meucci na invención deldo teléfono.<ref name=Noticias_24>[http://www.noticias24.com/gente/noticia/142133/conoce-realmente-quien-invento-el-telefono-no-fue-alexander-graham-bell/ «Conoce realmente quién inventó el teléfono»]</ref>}}
e de que o goberno dos Estados Unidos iniciou accións legais por fraude contra a patente de Alexander Graham Bell, o proceso embarrancou nos recursos dos avogados de Bell ata pecharse en 1889 debido á morte de Meucci,<ref name=Diario_ABC/> que faleceu pobre e amargado e xamais viu o recoñecemento do seu talento, que chocou co seu escaso coñecemento da [[lingua inglesa]] e a súa pouca desenvoltura contra as artimañas e os intereses das grandes compañías estadounidenses.<ref>[http://www.italianhistorical.org/page42.html]</ref>
 
28.353

edicións