Chuvia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Choiva orográfica: +trad. ca.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 72:
{{AP|choiva de convección}}
[[Ficheiro:Konvektionsregen.jpg|miniatura|Choiva convectiva.]]
A choiva de convección é un tipo de choiva que cae de nubes formadas por [[Convección atmosférica|convección]]; os procesos convectivos ocorren principalmente nas zonas tropicais e subtropicais, pero tamén na estación cálida das zonas tépedas, e a miúdo a partir da tarde e anoitecer; como nas [[Treboada|treboadas]] de [[verán]]. A convección é causada polo quecemento do aire nunha zona determinada, o aire quente sobe e, a medida que ascende, vaise arrefriando. Se este aire quente é húmido, ao chegar a unha certa altura, o vapor de auga chega á súa saturación e condénsase formando nubes convectivas, por exemplo os [[cumulonimboscumulonimbus]] ou os ''[[cumulus congestus]]'', en que se poderán producir os procesos de formación da choiva que producirán a precipitación. A medida e o tipo das nubes dependerán da intensidade das correntes ascendentes, da cantidade de aire e a súa humidade, e da temperatura e tipo de terreo. En condicións óptimas, unha treboada pódese formar en poucas horas. As choivas que se producen son en forma de chuvascos que varían rapidamente de intensidade; adoitan ser de curta duración e son moi localizados debido á pouca extensión horizontal que teñen as nubes convectivas. A precipitación de [[sarabia]] asóciase a unha choiva de convección.
 
Nas [[latitude]]s medias, este tipo de choiva tamén se asocia ás [[Fronte fría|frontes frías]], ás liñas de [[Treboada|treboadas]] e ás [[Fronte cálida|frontes cálidas]] con aire extremadamente húmido.<ref>{{cita libro|autor=Toby N. Carlson|data=1991|url=http://books.google.cat/books?id=2lIVAAAAIAAJ&pg=PA216&lpg=PA216&dq=where+convection+occurs+in+the+mid-latitudes&source=bl&ots=zS1wy_LX-l&sig=hs-dTbXpXIvyonGeakw2kgqkFNk&hl=ca&ei=SJ6NSf74EZ6DtweHxdGDCw&sa=X&oi=book_result&resnum=5&ct=result|título=Mid-latitude Weather Systems|editorial=Routledge|páxinas=216|isbn=978-0-04-551115-0|dataacceso=24-12-2009}}</ref>