Chuvia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 37:
 
O aire adquire humidade a partir de varias fontes, mediante a [[evaporación]] da auga da superficie dos [[océano]]s, [[lago]]s e [[río]]s, e da transpiración das plantas. A evaporación da auga ten lugar cando se dá un contraste de [[temperatura]].
 
===Crecemento e evolución das pingas de choiva===
Nunha nube quente, as gotas aumentan de tamaño por condensación do vapor de auga que as rodea e por [[coalescencia (meteoroloxía)|coalescencia]]<ref name="MF-2">
{{cita web|url = http://comprendre.meteofrance.com/pedagogique/publications/documentation/glossaire/c/c_detail?page_id=2824&document_id=939&portlet_id=19561
|título = Coalescence
|dataacceso = 20-12-2009
|obra = Comprendre la météo
|editor = Météo-France
}}</ref> (a adición dunha ou máis pequenas pingas por colisión para formar unha pinga máis grande) con outras pingas. Mentres estas pingas diminutas non miden máis de 0,006 mm, son sostidas polos lixeiros movementos ascendentes do [[aire]]. O seu crecemento vai formando pingas máis gordas ata chegar un momento, ao redor de 0,5 mm de [[diámetro]], que as correntes ascendentes son incapaces de sostelas en suspensión e caen en forma de choiva.
 
Nunha nube fría, se as pingas atopan núcleos de conxelación (que son moito menos habituais que os de condensación), transformaranse en [[cristal]]is de [[xeo]]. Estes cristais crecerán por condensación, pero sobre todo polo [[efecto Bergeron]],<ref name="MF-3">
{{cita web|url =http://comprendre.meteofrance.com/jsp/site/Portal.jsp?page_id=2852&page_id=238&document_id=1528&portlet_id=1784
|título = Effet Bergeron
|consulta = 20-12-2009
|obra = Comprendre la météo
|editor = Météo-France
}}</ref> e acabarán caendo capturando outros copos máis pequenos para aumentar o seu tamaño. Cando pasan por capas de aire que están por encima do punto de conxelación, os copos [[Fusión (cambio de estado)|fúndense]] e continúan crecendo como as pingas das nubes quentes. As variacións da [[temperatura]] durante o seu percorrido poden ocasionar outras formas de [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]], como a [[choiva xélida]] ou a [[sarabia]].
 
Dependendo da [[humidade relativa]] do aire que se atopa debaixo da nube, unha parte das pingas de choiva poden [[Evaporación|evaporarse]] antes de chegar a terra. Cando o aire é moi seco, a choiva evapórase completamente antes de chegar a terra e dá orixe ao fenómeno coñecido co nome de ''[[virga]]''. Isto prodúcese a miúdo nos [[deserto]]s cálidos e secos, pero tamén alí onde a choiva provén de nubes con pouca extensión vertical.
 
== Tipos de choiva ==