Andrés Gaos Berea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Ampliado
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Andrés Gaos Berea''' ([[A Coruña]], [[31 de marzo]] de [[1874]] - [[Mar del Plata]], [[13 de marzo]] de [[1959]]) foi un [[compositor]] e [[violinista]], un dos principais representantes da [[música clásica]] galega.
 
'''Andrés Gaos''' amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En [[1884]] ingresou no Centro Musical da Coruña. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudiosestudos no Conservatorio. En [[1888]] volveu á Coruña e conseguíuconseguiu máis bolsas para realizar estudos en [[París]] e [[Bruxelas]]. En [[1895]] viaxou a América e dedicouse a dar clases de música en [[Bos Aires]] e [[Montevideo]]. En [[1896]] casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e fixou a súa residencia en Bos Aires. En [[1917]] divorciáronse e Andrés casou cunha alumna súa, coa que tivo tres fillos.
 
A súa actividade desenvolveuse fundamentalmente na [[Arxentina]], aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Cara [[1899]] publicou obras para canto e piano e unha [[habanera]] para violino e piano. Entre [[1912]] e [[1916]] compuxo moitas cancións, unha das caiscales, ''Granada'', foi premiada pola Asociación Wagneriana de Bos Aires. En [[1916]] obtivo un premio en [[Tucumán]] pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En [[1917]] compuxo ''Elegía para piano e violín'', dedicada ao seu amigo [[Pablo Casals]]. A súa última actuación na Coruña foi en [[1927]]. Entre outras composicións incluíu dúas obras súas, ''Romana'' e ''Danza arxentina nº 3'', que tiveron un grande éxito.
 
Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 ''En las montañas de Galicia'', ''Opúsculo de la Alhambra'', ''Aires gallegos'', ''Impresión nocturna'', ''Miniaturas'', ''Tormenta'', ''Marcha fúnebre'', ''Sonata opus 37'', a canción ''Rosa de Abril'' (sobre o poema de ''[[Cantares Gallegos]]'' de [[Rosalía]]) e a ópera ''Amor vedado'', ''Fantasía para Violino e Orquestra, Opus 24'', ''Sinfonía en la menor'' (en tres movementos), ''Humoresca para violonchelo e piano'', ''Romanza para Violino e Piano'', ''Impresión Nocturna''. Ademais dirixiu en varias ocasións as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma e Milán.