Larache: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
'''Larache''' (en [[Linguas bérberes|bereberbérber]]: '''Lleɛrayec''', en [[Lingua árabe|árabe]]: العرايش) é unha cidade portuaria localizada no noroeste de [[Marrocos|Marrocos.]] É capital da [[Provincia de Larache|provincia]] que leva o mesmo nome. Situada dentro da rexión Tánxer-Tetuán, está a uns 85 quilómetros de Tánxer e a 105 de [[Tetuán|Tetuán.]] Atópase situada no litoral [[Océano Atlántico|atlántico]], na marxe esquerda do estuario do [[río Lucus]].
 
Ten unha poboación de 125 008 habitantes (de acordo co censo de 2014). Nas súas inmediacións (na beira esquerda do estuario do Lucus) atópanse as ruínas de [[Lixus]], un asentamento [[Fenicios|fenicio]] e posteriormente cartaxinés que máis tarde se converteu en colonia romana e parte da provincia [[Roma antiga|romana]] de [[Mauritania Tingitana|Mauritania Tinxitana]].