Thomas Hunt Morgan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Traxectoria: Instituto Tecnolóxico de California
Liña 32:
Morgan graduouse na [[Universidade de Kentucky]] en [[1886]]. Recibiu o [[doutoramento]] da [[Universidade Johns Hopkins]] en [[1890]]. Seguindo os pasos de [[William E. Castle]], comezou a traballar no [[desenvolvemento embrionario]] da ''[[Drosophila melanogaster]]'' (a mosca da froita) na [[Universidade de Columbia]], onde se interesou polo problema da [[herdanza biolóxica|hereditariedade]]. As teorías de [[Gregor Mendel]] acababan de ser redescubertas en 1900 e Morgan estaba interesado en estudar a súa aplicación nos animais.
 
En 1910, descubriu un [[mutación|mutante]] de ollos brancos entre individuos de ollos vermellos. A proxenie do cruzamento dun macho de ollos brancos cunha femia de ollos vermellos presentou ollos vermellos, o que indicaba que o carácter "ollos brancos" era [[recesivo]]. Morgan denominou ''white'' o xene correspondente, iniciando así a tradición de nomear os xenes segundo o fenotipo causado polos seus [[alelo]]s mutantes. Ao cruzar estas moscas entre si, Morgan decatouse de que só os machos mostraban o carácter "ollos brancos". Dos seus experimentos, concluíu que (1) algúns caracteres herdábanse ligados ao sexo,(2) que o xene responsable do carácter residía no [[cromosoma X]], e que (3) probablemente outros xenes tamén residían en cromosomas específicos. El e os seus estudantes contaron as características de miles de moscas e estudaron a súa herdanza. Empregando a recombinación dos cromosomas, Morgan e [[Alfred Sturtevant]] prepararon un mapa coa localización dos xenes no cromosoma. Morgan e os seus estudantes tamén escribiron o libro ''Mechanisms of Mendelian Heredity''. Morgan trasladouse ao [[CaliforniaInstituto InstituteTecnolóxico ofde Technology|CalTechCalifornia]] (CalTech) en [[1928]], morrendo en [[Pasadena, California]] en 1945.
 
== Obra ==