Paul Samuelson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Biografía: Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Liña 4:
 
== Biografía ==
Paul Anthony Samuelson naceu en [[Gary]], [[Indiana]], o [[15 de maio]] de [[1915]], no seo dunha familia xudía, aínda que non practicante. Estudou economía na [[Universidade de Chicago]] na que se graduou en [[1935]]. Doutorouse na [[Universidade Harvard]] en [[1941]] sob a supervisión de [[Joseph Schumpeter]] e [[Wassily Leontief]]. Foi profesor no [[MassachusettsInstituto Institutede ofTecnoloxía Technologyde Massachusetts]] (Instituto Tecnolóxico de MassachusettsMIT) e membro da [[Econometric Society]], da [[American Economic Association]] e da [[International Economic Association]].
 
A súa obra máis importante é ''Foundations of Economic Analysis'' (Fundamentos de Análise Económica, 1947), que se considera coma unha das obras fundamentais das ciencias económicas modernas, que desenvolve en termos matemáticos. É tamén autor dun manual de economía moi coñecido, ''Economics: An Introductory Analysis'' (Economía: unha análise introdutoria, 1948). O seu traballo ten sido cualificado como a "grande síntese neoclásica" de [[John Maynard Keynes]] e os seus antecesores.