Principado de Salerno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 9:
O seguinte gobernante, [[Guaimaro II de Salerno|Guaimaro II]], levou o principado de Salerno a uns momentos álxidos. Tomou parte na [[batalla de Garigliano]] contra os musulmás o [[915]]. O fillo de Guaimaro, [[Xisulfo I de Salerno|Xisulfo I]], tivo que superar un intento de invasión de [[Xoán III de Nápoles]] e [[Landulfo II de Benevento]]. Posteriormente saíu en defensa de Pandulfo Testa de Ferro, que era príncipe de Capua e Benevento. Ao morrer sen descendentes decidiu entregar o principado a Landulfo. Entre [[978]] e [[983]] Salerno estivo gobernado por príncipes foráneos das casas de Capua e Amalfi. Este último ano subiu ao poder [[Xoán I de Salerno|Xoán]], da casa de Spoleto. Con el e os seus sucesores o principado viviu un último período de esplendor. O seu fillo [[Guaimaro III de Salerno|Guaimaro III]] tivo que facer fronte aos ataques sarracenos, pero fíxoo coa axuda de mercenarios [[normandos]]. Baixo o seu reinado floreceu a [[Schola Medica Salernitana]].
 
[[Guaimaro IV de Salerno|Guaimaro IV]] uniu o seu principado co de Capua. Despois, coa axuda de [[Conrado II]], emperador romano-xermánico estendeu os seus dominios sobre as cidade-estado de [[Gaeta]], [[Nápoles]] e [[Amalfi]]. O fillo de Conrado, [[Henrique III]], en cambio, expulsou a Guaimaro de Capua o [[1047]] para limitar o seu poder. Aos poucos Salerno declinou. O [[1077]] o último príncipe longobardo [[Xisulfo III de Salerno|Xisulfo]] foi derrotado polo [[normandos|normando]] [[Robert Guiscard]], duque de [[Pulla]]. Salerno deixou de ser a capital dun próspero principado independente para pasar a ser a capital do [[ducado de Pulla, Calabria e Sicilia]].
 
== Príncipes de Salerno ==